Xurxo III do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo III do Reino Unido.

Xurxo III do Reino Unido, nado co nome de George William Frederic de Hannóver o 4 de xuño de 1738 e finado o 29 de xaneiro de 1820, foi Rei da Gran Bretaña de 1760 ata 1801. A partir da Acta de Unión de 1800, Xurxo III pasou a ser Rei do Reino Unido. Foi tamén Duque de Brunswick-Lüneburg e, a partir de 1814, Rei de Hannóver. Xurxo III ficou coñecido como o Louco debido a demencia mental causada pola doenza crónica que sufría (porfiria). Era fillo de Federico, Príncipe de Gales e da princesa Augusta de Saxe-Gotha, e sucedeu ao avó Xurxo II

No reinado de Xurxo III deuse a independencia dos Estados Unidos de América, ata entón unha colonia británica.

Xurxo III casou o 8 de setembro de 1761 coa princesa xermana Sofia Carlota de Mecklenburg-Strelitz. O casal teve os seguintes fillos: