Alexandre de Hesse-Darmstadt
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Alexandre de Hesse-Darmstadt | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alexander Ludwig Georg Friedrich Emil von Hessen und bei Rhein |
Nacemento | 15 de xullo de 1823 |
Lugar de nacemento | Darmstadt |
Falecemento | 15 de decembro de 1888 |
Lugar de falecemento | Darmstadt |
Nacionalidade | Gran Ducado de Hesse |
Ocupación | oficial |
Pai | Luís II de Hesse e August Ludwig von Senarclens-Grancy |
Nai | Guilhermina de Baden |
Cónxuxe | Julia von Hauke |
Fillos | Príncipe Heinrich de Battenberg, Louis Mountbatten, 1.º Marquês de Milford Haven, Maria de Battenberg, Alexandre I de Bulgaria e Francisco José de Battenberg |
Irmáns | María de Hesse, Luís III de Hesse-Darmstadt e Carlos de Hesse e do Reno |
Premios | Cabaleiro da Orde de Santo Alexandre Nevski, Cabaleiro gran cruz da Orde do Baño, Orde da Aguia Negra, Order of Saint Anna, 1st class, Order of the White Eagle, Ordem de Santo André, Order of St. George, 3rd class, Order of St. George, 4th class, Order of Ludwig I, Order of Philip the Magnanimous, Pour la Vertu Militaire, Pour le Mérite, Order of Fidelity, Ordem do Leão de Zähringer, Order of the Crown (Württemberg), Order of the Wendish Crown, Orde do Elefante, Ordem da Águia Vermelha, 1.ª classe, Knight of the Order of Maria Theresa, Ordem do Redentor, Order of Saint Stephen of Hungary e Ordem de Maria Teresa |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alexandre de Hesse-Darmstadt, nado en Darmstadt o 15 de xullo de 1823 e finado na mesma cidade o 15 de decembro de 1888, foi un nobre alemán, terceiro dos catro fillos de Luís II de Hesse e do Rin, e de Guillermina de Baden.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O príncipe Alexandre mantivo a tradición marcial da súa familia e serviu no Exército Ruso, onde foi un distinguido soldado cunha brillante carreira por diante. Mandaba un rexemento de lanceiros e foi premiado coa Cruz de San Xurxo. O feito de que súa irmá María fose a zarevna (princesa herdeira) de Rusia (esposa do futuro tsar Alexandre II de Rusia) non era unha desvantaxe para os seus propósitos.
Esta prometedora carreira foi destruída por un escándalo, pois Alexandre namorouse da condesa Xulia de Hauke, unha camareira de súa irmá María Alexandrovna. A condesa era unha orfa de orixe xermana-polaca, protexida do tsar, e filla do antigo ministro de guerra do tsar. Co tempo, o tsar Nicolao I considerou a Alexandre coma un posíbel marido para súa sobriña, mais informado do romance prohibiu a maridaxe; era inconcibíbel que unha persoa próxima á familia imperial casase cunha simple condesa. O Almanaque de Gotha, léxico e guía das clases tituladas europeas, era moi claro en asuntos de índole matrimonial.
Alexandre marchou a Inglaterra para cavilar no tocante ao seu futuro, pero acabou regresando a Rusia para fuxir xunta con Xulia até Breslau (hoxe Wroclaw, en Polonia), onde casaron en outubro de 1851.
Volveron a Hesse, onde o irmán máis vello do noivo, o Gran Duque Luís III de Hesse-Darmstadt estaba desgustado polo inferior status dinástico da muller de seu irmán. Nomeouse a Xulia condesa de Battenberg (nome dunha pequena cidade no norte de Hesse onde eles viviron apartados nun primeiro momento), pero os seus fillos ficaron definitivamente excluídos da liña de sucesión. Por fin a condesa foi elevada ao rango de princesa, e a parella puido así volver a Darmstadt.
Ao perderen as súas prerrogativas dinásticas, o príncipe Alexandre e a súa morganática esposa viviron unha vida tranquila. A súa familia vivía principalmente no castelo de Heiligenberg, xunta a Jugenheim, no sur de Hesse.
Descendencia[editar | editar a fonte]
Alexandre de Hesse e Xulia de Battenberg tiveron cinco fillos, que herdaron o título e o apelido de súa nai. Os fillos foron:
- María de Battenberg (1852 - 1923).
- Luís de Battenberg (1854 - 1921).
- Alexandre de Battenberg (1857 - 1893).
- Henrique de Battenberg (1858 - 1896).
- Francisco Xosé de Battenberg (1861 - 1924).
Malia todos os escándalos, a familia de Battenberg conseguiu ser aceptada pola nobreza europea. Entre os seus descendentes destacan:
- Luísa de Battenberg - Raíña de Suecia, consorte de Gustavo VI Adolfo.
- Filipe de Edimburgo, Duque de Edimburgo - Esposo de Isabel II do Reino Unido.