Saltar ao contido

Ducado de Cornualla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ducado de Cornualla
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Implicados
 Titular
Guillerme de Cambridge (8 de setembro de 2022 - ) Editar o valor en Wikidata
 Organización dirixida
Datas
 Fundación / creación
1337 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Residencia oficial
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
Escudo do ducado de Cornualla.

O ducado de Cornualla é un título nobiliario da coroa británica e que corresponde ao fillo máis vello e herdeiro do monarca. Dende 2022 o duque de Cornualla é Guillerme de Gales.

O ducado de Cornualla

[editar | editar a fonte]

O ducado de Cornualla posúe unha extensión de 52 449 hectáreas localizadas, fundamentalmente, ao longo de vinte condados no sueste de Inglaterra e nas illas Scilly.[1] Polo tanto, a maior parte das propiedades do ducado están fóra de Cornualla, pois aló ten 7 571 hectáreas.[2]

Anualmente, o ducado de Cornualla proporciona uns ingresos de máis de 20 millóns de libras esterlinas que se destinan a manter ás obras públicas e privadas da familia do titular.[3] Estímase que cobra o arrendamento dunhas 600 residencias e 700 labradíos.[4]

Ademais, sendo duque de Cornualla, Carlos III do Reino Undio promoveu a edificación das cidades planificadas de Poundbury (Dorset) e Nansledan (Cornualla) dentro das terras do ducado.[5][6] Tamén destacou polo pulo dado á agricultura sustentable nas súas explotacións e o coidado da biodiversidade.[7]

A partir do século XIV algunhas monarquías europeas crearon señoríos que cederon aos herdeiros primoxénitos do rei para que as rendas do mesmo os dotase dun patrimonio de seu. Deste xeito, o título foi creado en 1337 polo rei Eduardo III para o seu fillo e herdeiro, Eduardo de Woodstock, chamado o "príncipe negro".[8] Dende entón este título corresponde ao fillo máis vello do rei de Inglaterra, a quen tamén se lle outorgan os títulos de príncipe de Gales, e dende o século XVII, o de duque de Rothesay como herdeiro do trono de Escocia.

A persoa que máis tempo ostentou este título foi Carlos III. Entre 2005 e 2022 o título gañou notoriedade pois foi empregado por Camila do Reino Unido logo do seu matrimonio con Carlos de Inglaterra.

Lista de duques de Cornualla

[editar | editar a fonte]
Duque de CornuallaPaiDendeAté
Príncipe NegroEduardo III13371376 (morte)
Ricardo IIPríncipe Negro13761377
Henrique VHenrique IV1399 (Parlamento)1413
Henrique VIHenrique V1421 (nacemento)1422
Eduardo de WestminsterHenrique VI1453 (nacemento)1471 (morte)
Eduardo V de InglaterraEduardo IV14701483
Eduardo, Conde de SalisburyRicardo III1483 (Inicio do reinado do pai)1484 (morte)
Arturo TudorHenrique VII1486 (nacemento)1502 (morte)
Henrique VIIIHenrique VII15021509
HenriqueHenrique VIII1511 (nacemento)1511 (morte)
HenriqueHenrique VIII1514 (nacemento)1514 (morte)
HenriqueHenrique VIII1534 (nacemento)1534 (morte)
Eduardo TudorHenrique VIII1536 (nacemento)1536 (morte)
Eduardo VIHenrique VIII1537 (nacemento)1547
Henrique EstuardoXacobe I1603 (inicio do reinado do pai)1612 (morte)
Carlos IXacobe I16121625
Carlos XacobeCarlos I1629 (nacemento)1629 (morte)
Carlos IICarlos I1630 (nacemento)1649
Xacobe Francisco EstuardoXacobe II de Inglaterra e VII de Escocia1688 (nacemento)1689
Xurxo IIXurxo I17141727
Federico LuisXurxo II17271751 (morte)
Xurxo IVXurxo III17621820
Eduardo VIIVitoria I18411901
Xurxo VEduardo VII19011910
Eduardo VIIIXurxo V19101936
Carlos IIISabela II19522022
Guillerme Carlos III 2022 no cargo
  1. "About the Duchy". duchyofcornwall.org. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2022. Consultado o 2022-09-18.
  2. Becquart, Charlotte (2022-09-09). "King Charles owned lots of Cornwall from castles to Camel estuary". CornwallLive (en inglés). Consultado o 2022-09-18.
  3. "What is the Duchy of Cornwall - and what does it mean for Prince William?". ITV News (en inglés). 2022-09-12. Consultado o 2022-09-18.
  4. "The Duchy of Cornwall: facts". www.princeofwales.gov.uk (en inglés). Consultado o 2022-09-18.
  5. Saunders, Doug (2022-09-16). "Poundbury, the experimental town designed by King Charles, offers a window into his thinking". The Globe and Mail (en inglés). Consultado o 2022-09-18.
  6. Smallcombe, Mike (2019-10-20). "Life inside the new town being built by Prince Charles in Cornwall". CornwallLive (en inglés). Consultado o 2022-09-18.
  7. Griffin, Susan (2022-04-18). "Behind the scenes of the Duchy of Cornwall". Great British Life (en inglés). Consultado o 2022-09-18.
  8. "History of the Duchy". duchyofcornwall.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-09-18.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]