El Espinar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 40°43′08″N 4°14′53″O / 40.719, -4.248

El Espinar
Bandera de El Espinar.svg
Escudo de El Espinar (Segovia).svg
El Espinar, ayuntamiento.JPG
Localización
Segovia - El Espinar.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaFlag Segovia province.svg Provincia de Segovia
Outros datos
http://www.elespinar.es/

El Espinar é un municipio da provincia de Segovia, Castela e León, pertencente á comarca de Segovia cunha poboación de 9.217 habitantes segundo os datos do padrón correspondentes ao ano 2008. A extensión do municipio é de 205,10 km² polo que a densidade poboacional é de 44,93 hab./km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada ao pé da Serra de Guadarrama e atravesada pola estrada nacional N-VI e a autoestrada AP-6 que unen Madrid con A Coruña a vila del Espinar ocupa a transición entre a serra e a meseta castelá. No seu territorio xurdiron outros dous núcleos urbanos que conforman, xunto co orixinario, o actual concello del Espinar, estes son: La Estación e San Rafael, no seu termo está a urbanización de Los Ángeles de San Rafael. El Espinar é coñecido como a porta de Castela e León.

Xentilicio[editar | editar a fonte]

San Rafael e La Estación.

O xentilicio xenérico é o de espinariegos e o apelativo «ahumao» ou «bolluyo», aínda que o feito de que o municipio estea formado por varios núcleos de poboación fai que algún destes teña o seu propio, como é o caso de San Rafael, cuxo xentilicio é sanrafaeleños e o apelativo de «fondilleros».

Demografía[editar | editar a fonte]

1900 1930 1940 1950 1960 1970 1981 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
2.160 3.619 4.147 4.665 4.938 5.151 4.843 6.255 6.293 6.543 6.887 7.257 7.746 8.230 8.666 9.217

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]