Saltar ao contido

Kiss FM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kiss FM
 Instancia de
 Texto lema
Lo mejor de los 80 y los 90 hasta hoy Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Data de comezo
13 de abril de 2002 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Correo
 Webcast
Redes
Facebook: kissfm.es Twitter: kissfm_es Instagram: kissfm_oficial Telegram: KISSFM_es Youtube: UCjK0vkF3x2OihXIm0QKcTCA Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Kiss FM é unha cadea radiofónica española pertencente a Grupo KISS Media que tamén posúe Hit FM e Kiss TV. Emite unha programación de radiofórmula musical de tipo adulto contemporáneo cun pouco de contemporary hit radio. Empezou as súas emisións o 13 de abril de 2002. Desde ese momento, o seu éxito foi espectacular e marcou un fito na historia da radio musical en España, sendo a de maior crecemento de audiencia na historia da radio musical española (no seu segundo ano nas ondas, logrou alcanzar 1 474 000 oíntes). Segundo a última onda do Estudo Xeral de Medios, publicada en decembro de 2010, Kiss FM ten 1 088 000 oíntes habituais diarios.

A programación creouse a partir dunha rigorosa selección de oldies da música pop das últimas tres décadas, con especial atención ás baladas e as cancións de corte melódico. Melodías emblemáticas dos Beatles, Elton John, Bryan Adams ou Céline Dion conviven a diario con interpretacións inesquecibles de Ana Belén, Mecano, Alejandro Sanz...

Tras a demanda existente, Kiss FM virou o seu rumbo e na actualidade mestura baladas dos últimos trinta anos coa música española máis variada da actualidade, presentadas por locutores que intentan só ser meros acompañantes do oínte. Esta emisora é da que menos publicidade emite en España. É líder no seu formato de Adulto Contemporáneo. Desde o pasado 7 de xaneiro, Kiss FM inclúe no seu repertorio os éxitos máis HOT do momento, entre os que se atopan artistas como Rihanna, Lady Gaga, Katy Perry ou Kesha.

A oferta musical de Kiss FM compleméntase coa actualidade informativa que, en forma de titulares, sucédese ao longo de toda a programación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]