Saltar ao contido

Rock FM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rock FM
 Instancia de
 Lingua usada
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Operador/a
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/0b6jz0y Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Rock FM é unha cadea de radio española, especializada en música rock, operada por Radio Popular S.A., que comezou as súas emisións como Rock & Gol no 2004. Baseábase en dous piares únicos, a música rock, de tódolos tempos, combinada con programas de tertulias e boletíns cada hora de novas de deportes, até que en 2011 cambiou o seu nome e formato ao actual.

O formato musical de Rock FM é coñecido por bloques dunha hora de música sen publicidade durante a radiofórmula, intercalados con descansos publicitarios de 6 minutos entre bloque e bloque.

Pertence ao grupo Radio Popular tamén chamado Grupo COPE, ao que pertencen tamén outras emisoras de radio e televisión: a radio xeneralista COPE e as emisoras de radio Cadena 100 e MegaStar FM.

É a quinta emisora de radio temática máis escoitada de España con 1.107.000 oíntes, segundo o 3ª informe do EXM de 2019.[1] Pódese sintonizar a través da radio FM, TDT, Internet e aplicación para dispositivos móbiles.

  1. EGM completo Arquivado 20 de abril de 2017 en Wayback Machine. aimc.es

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]