Vegas Altas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°57′N 5°51′O / 38.950, -5.850

Vegas Altas
Vegas Altas.png
CapitalDon Benito
PaísEspaña España
Comunidade autónomaEstremadura Estremadura
ProvinciaBadaxoz
Concellos16
Poboacion90.697 hab.
Superficie1841 km²

Vegas Altas é unha comarca situada no norte da provincia de Badaxoz, en Estremadura. O seu centro económico son as poboacións de Don Benito e Villanueva de la Serena.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coa Comarca de Trujillo, ao nordés con Las Villuercas, ao sueste con La Siberia, ao sur con La Serena e ao suroeste coa comarca Tierra de Mérida-Vegas Bajas.

A auga do río Guadiana, grazas a unha importante infraestrutura de canles e quenllas, é o recurso natural sobre o que se cimentou toda a riqueza agrícola da zona. O val fluvial do mesmo, é o elemento vertebrador da paisaxe.

O potencial económico de Don Benito xunto co de Villanueva de la Serena, centros comerciais de primeira orde en Estremadura, unido a un sector agrícola punteiro e unha posición xeográfica vantaxosa, fan das Vegas Altas do Guadiana unha das comarcas con maior dinamismo da rexión.

Concellos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]