Máxima FM é unha cadea de radio privada española que emite unha radiofórmula de música electrónica. Pertence ao Grupo Prisa e iniciou as súas emisións en 2002. Os seus estudios centrais están en Madrid.
Iniciou as súas emisións o 30 de marzo de 2002, a través das frecuencias polas que, ata a data, viña emitindo Sinfo Radio Antena 3. O seu slogan inicial foi: El dance que te pega. Posteriormente cambiou a Y tú, ¿Qué llevas puesto?. Aínda que actualmente denomínase Maxima FM. Radio Dance.