Loureiro de Baixo, Buciños, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°32′13.0″N 7°51′58.9″O / 42.536944, -7.866361

Loureiro de Baixo
Loureirobaixo.jpg
ParroquiaBuciños
ConcelloCarballedo
Poboación15 hab. (2016)

Loureiro de Baixo é un lugar da parroquia de Buciños que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 17 habitantes (7 mulleres e 8 homes).

Topónimo[editar | editar a fonte]

Loureiro de Baixo é un fitónimo que deriva do nome en latín laurus e da situación xeográfica bassus, baixo. Loureiro foi parroquia ata 1890 en que foi agregada a Buciños.[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A Casa Grande de Buciños data do século XVIII e pertencía á familia dos Ribadeneira, o bispo de Valladolid, Don José Antonio Ribadeneira, naceu nesta casa. Posúe un escudo na porta de entrada, unha gran cheminea, un campanario situado entre dúas chemineas e unha capela cun escudo de armas no lintel da porta. Na entrada da casa atópase un gran carballo, que se considera o avó de Europa.[2]

Alcumes populares en Buciños[editar | editar a fonte]

Fidalguía en Lendorrío;

Letrados, os de Trasar;

Touciñeiros, en Loureiro de Arriba;

Mantequeiros, en Loureiro de Abaixo;

Paxareiros, os do Coedo;

Manteleiros, en Surrego;

Noveleiros, en Trasmonte;

Galiñas chocas, no Barrio;

Esparabanos, na Torre;

Borristas, os de San Trocado;

E Fantesía, na Eirexiña;

E calcapelicos, os de Vidueiros[3]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Buciños[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Buciños no concello de Carballedo (Lugo)

Alén do Río | A Barreira | O Barrio | Buciños | A Casa Grande | O Coedo | A Corna | A Corveira de Baixo | A Eirexiña | Loureiro de Baixo | Loureiro de Riba | O Outeiro de Buciños | O Porto | San Trocado | Surrego | A Torre | Trasar de Sabugueiro | Trasmontes

Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  2. "Arquitectura civil". Concello de Carballedo. Consultado o 20/09/2017. 
  3. Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 124. ISBN 84-7041-041-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]