Brecon Beacons
Tipo | cordilleira Sitio de especial interese científico | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Bannau Brycheiniog National Park (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Powys, Reino Unido | |||
| ||||
Cordilleira | Cambrian Mountains (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 842 m | |||
Punto máis alto | Pen y Fan (en) (886 m ) | |||
Superficie | 5.010,64 ha | |||
Sitio de especial interese científico | ||||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
Os Brecon Beacons (en galés: Bannau Brycheiniog), tamén o nome dun parque nacional, é unha cadea montañosa situada en Gales. A maior altitude das Brecon Beacons é o pico Pen y Fan, que ten 886 metros de altura, chamado a Cadeira do rei Artur.[1]
Parque Nacional Brecon Beacons
[editar | editar a fonte]Os Brecon Beacons son unha das catro cordilleiras e outeiros situados en Gales que forman o Parque Nacional de Brecon Beacons. O Parque Nacional foi creado en 1957, sendo o terceiro dos tres parques galeses despois de Snowdonia en 1951 e o Parque Nacional da Costa de Pembrokeshire en 1952.
Adestramento militar
[editar | editar a fonte]Os Brecon Beacons úsanse para adestrar membros das forzas armadas do Reino Unido e para os reservistas militares. A Escola de Batalla de Infantaría do Exército está situada en Brecon,[2] e o Servizo Aéreo Especial (SAS) usa a localización para facer probas aos candidatos.[3] En xullo de 2013, tres soldados morreron por sobrequecemento ou golpe de calor durante o adestramento do SAS. Un capitán do exército foi atopado morto en Corn Du despois de adestrar en tempo xeado polo SAS.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ eBooks.com. "The Mountains of England and Wales: Vol 1 Wales (3rd ed.)". eBooks.com (en inglés). Consultado o 2023-01-06.
- ↑ 2,0 2,1 Farmer, Ben (14 julho de 2013). "Two soldiers die in heat while training in Brecon Beacons". The Telegraph. Consultado o 14 de janeiro de 2015.
- ↑ Farmer, Ben (2 de xullo de 2014). "No SAS manslaughter charges over Brecon Beacons deaths". The Telegraph. Consultado o 14 de janeiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brecon Beacons |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |