Powys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPowys
Sir Powys (cy) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°18′00″N 3°25′00″O / 52.3, -3.4166666666667Coordenadas: 52°18′00″N 3°25′00″O / 52.3, -3.4166666666667
EstadoReino Unido
PaísGales Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación132.447 (2018) Editar o valor em Wikidata (25,57 hab./km²)
Lingua usadalingua galesa
lingua galesa
lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie5.180,6804 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
ISO 3166-2GB-POW Editar o valor em Wikidata
Código NUTSUKL24 Editar o valor em Wikidata

Páxina webpowys.gov.uk Editar o valor em Wikidata

Powys é unha autoridade unitaria de Gales (Reino Unido), e tamén un condado preservado.[1][2] Foi establecido pola división administrativa o 1 de abril de 1974. Foi formado polos antigos condados de Montgomeryshire e Radnorshire, engadido á maioría do condado de Brecknockshire e un pouco do antigo Denbighshire. As súas fronteiras correspóndense aproximadamentre coas do reino de Powys medieval. É o único condado preservado que non se dividiu en 1994, e tamén o máis grande no país.[3]

Como condado preservado, limita ao norte con Clwyd, ao noroeste con Gwynedd, ao oeste con Dyfed, ao suroeste con Glamorgan do Oeste, ao sur con Mid Glamorgan e ao sueste con Gwent. Coas novas áreas principais, ten fronteiras ao norte con Wrexham County Borough e Denbighshire, ao noroeste con Gwynedd , ao oeste con Ceredigion e Carmarthenshire, ao sur con Neath-Port Talbot, Merthyr Tydfil, Caerphilly e Blaenau Gwent, e ao sueste con Monmouthshire. Limita tamén cos condados ingleses de Shropshire e Herefordshire.

A capital de Powys é Llandrindod Wells, pero a súa localidade máis grande é Y Drenewidd (Newtown). A poboación en Powys foi estimada en 2010 como 131.000. A densidade de 25 por quilómetro cadro é a máis pequena en Gales. O 30,1% de Powys pode falar, escribir ou ler o idioma galés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Boa parte do condado é montañoso e por iso é difícil conducir do norte ao sur. O río Severn, o máis longo do Reino Unido, empeza no condado veciño de Ceredigion e discorre nunhas localidades de Powys: Llanidloes, Caersws, Y Drenewidd - Newtown e Welshpool. O río Wye, o quinto río máis longo, corre en Rhayader e Builth Wells, e Hai on Wye leva o seu nome. O décimo sexto río máis longo do Estado, o río Teme, empeza en Powys e corre en Knighton. Máis ao sur hai o río Usk en Brecon. Algúns dos ríos teñen encoros para fornecer enerxía a unhas cidades grandes en Inglaterra do oeste e Gales do sur. O único parque nacional en Powys é Brecon Beacons no sur.

Escudo[editar | editar a fonte]

O escudo do condado é principalmente negro (polas Y Mynyddoedd Duon, as Black Mountains) e ouro (simboliza minería e a riqueza do condado). Hai tres fontes, que significan os ríos e lagos. Arriba do escudo hai unha torre negra que significa a historia militar de Powys. Un miñato ten losanges ( rombos heráldicos) que significan minería de carbón, e unha peza de la dourada que significa cría de ovellas. O lema Powys Paradwys Cymru significa Powys, Paraíso de Gales en galés.[4][5]

Comercio[editar | editar a fonte]

Desde o decembro de 2007, o condado ten un Selo de comercio xusto.[6]

Comunidades[editar | editar a fonte]

1000 habitantes ou máis[editar | editar a fonte]

Llandrindod Wells é a quinta localidade máis grande de Powys, pero é a capital.
Castelo de Powys
Esta pedra na vila de Cilmeri é un monumento a Llywelyn o Último (último rei do Gales independente).
  • Y Drenewidd (Newtown) e Llanllwchaiarn: 10.783 [7]
  • Ystradgynlais: 8.023
  • Brecon: 7.901
  • Welshpool: 6.269
  • Llandrindod Wells (capital): 5.024
  • Knighton: 3.043
  • Llanidloes: 2.807
  • Presteigne: 2.463
  • Builth Wells: 2.352
  • Machynlleth: 2.147
  • Rhayader: 2.075
  • Kerry: 1.922
  • Churchstoke: 1.571
  • Caersws: 1.526
  • Berriew: 1.306
  • Montgomery: 1.256
  • Glantwymyn: 1.106

Menos que 1000 habitantes[editar | editar a fonte]

  • Glasbury: 902
  • Bronllys: 816
  • Old Radnor: 741
  • Beguildy: 704
  • Clyro: 688
  • Carno: 646
  • Aberhafesp: 438
  • Cilmeri: 438
  • Bettws: 425
  • Gladestry: 419
  • New Radnor: 410
  • Erwood: 401
  • Dubhonw: 300
  • Abbey Cwmhir: 246
  • Aberedw: 219

Localidades con poboación (ano 2016)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Office for National Statistics (2009). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  2. Office for National Statistics. "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  3. "Powys ; county, Wales, United Kingdom". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-03-06. 
  4. http://www.ngw.nl/int/gbr/p/powys.htm
  5. "POWYS COAT OF ARMS". www.internetbusinessdirectory.co.uk. Consultado o 2022-03-06. 
  6. "Wales ahead in bid to be first fairtrade country". fairtraderesource.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2011. Consultado o 06 de marzo de 2022. 
  7. "Dissemination/LeadTableView; Newtown". www.neighbourhood.statistics.gov.uk/. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 06 de marzo de 2022. 
  8. Citypopulation.de Consultado o 19 de xullo de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]