Saltar ao contido

Gwyddno Garanhir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gwyddno Garanhir foi un rei lendario do reino galés de Meirionydd e fillo de Gwrin Farfdrwch.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición, perdeu unha gran parte do seu reino logo de que o asolagase o océano Atlántico. Este territorio, chamado Maes Gwyddno, estaría protexido por un dique. Mererid, unha moza deixou abertas as comportas e o mar ocupou esta terra. Tamén lle botan a culpa a Seithenyn, o gardián do dique que esqueceu pechar as comportas no medio dunha borracheira.

Gwyddno Garahnhir casou con Ystradwen e tivo sete fillos: Idris, Rhun, Dyfnwal, Eifionydd, Elffin, Sandde e Edern. O seu fillo Elffin foi quen salvou o bardo Taliesin de neno.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]