Leonor Plantagenet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leonor Plantagenet
Raíña de Castela
Miniatura posterior a 1174 do Tumbo menor de Castela que representa á raíña Leonor Plantagenet. Arquivo Histórico Nacional.

Reinadosetembro de 1170-31 de outubro de 1214
Falecemento
Burgos
PredecesorBranca Garcés de Navarra
SucesorMafalda de Portugal
ConsorteAfonso VIII de Castela
DescendenciaVéxase Descendencia
Casa realCasa de Plantagenet
ProxenitoresHenrique II de Inglaterra
Leonor de Aquitania

Escudo de Leonor Plantagenet
Na rede
WikiTree: Plantagenet-517 Find a Grave: 10783007 Editar o valor em Wikidata

Leonor Plantagenet ou Leonor de Inglaterra, nada no castelo de Domfront, en Normandía, o 13 de outubro de 1160[1][2][3] - Mosteiro das Huelgas de Burgos, 31 de outubro de 1214[2][4][5]) foi princesa de Inglaterra, filla de Henrique II de Inglaterra e da súa esposa a raíña Leonor de Aquitania, e raíña consorte de Castela entre os anos 1170 e 1214, polo seu matrimonio co rei Afonso VIII de Castela. Foi nai, entre outros, dos reis Henrique I de Castela e Berenguela de León e Castela.

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Filla do rei Henrique II de Inglaterra e da súa esposa, a raíña Leonor de Aquitania, os seus avós paternos foron Godofredo de Anjou e a súa esposa Matilde de Inglaterra, filla do rei Henrique I de Inglaterra. Por parte materna, os seus avós foron Guillerme X de Poitiers, conde de Poitiers, e Leonor de Châtellerault, duquesa de Aquitania. Tivo varios irmáns, entre eles Ricardo Corazón de León e Xoán sen Terra, monarcas de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1160[6]. Cando tiña 10 anos, en setembro de 1170, celebráronse os seus esponsais na cidade de Tarazona[7], con Afonso VIII de Castela, fillo do rei Sancho III de Castela, que foi coroado na cidade de Burgos o ano anterior. Antes de casar, os seus pais, os reis de Inglaterra, concederon á súa filla como dote o ducado de Aquitania, que pertencía á súa nai, a raíña Leonor. Afonso VIII regaloulle como dote á súa esposa os castelos de Burgos e Castrojeriz, Amaya, Avia, Saldaña, Monzón de Campos,Carrión de los Condes, Dueñas, Tariego de Cerrato, Cabezón, Medina del Campo, Astudillo, Aguilar e Villaescusa, e as rendas do porto de Santander, Cabedo, Besgo de Santillana, Tudela, Calahorra, Arnedo, Vigera, Metria, as do castelo e cidade de Nájera, Logroño, Grañón, Belorado, Pancorbo, Poza de la Sal... e ademais dooulle a metade dos territorios conquistados aos musulmáns desde que o seu matrimonio foi celebrado[8].

O matrimonio serviu para reforzar a fronteira pirenaica, e Leonor Plantagenet achegou, ademais, como dote de voda o condado de Gascuña que Afonso VIII nunca puido anexionar á coroa de Castela. Con todo, numerosos cabaleiros gascóns viñeron á península para axudar ao seu señor na loita contra os almohades.

Cara ao ano 1180 o monarca castelán e a súa esposa decidiron fundar un mosteiro de monxas cistercienses, o Mosteiro de las Huelgas, na cidade de Burgos.[7] Aquela fundación, dependente en principio do Mosteiro de Santa María da Caridade de Tulebras (en Navarra), converteuse desde 1187, por desexo dos reis, en casa nai de tódalas as abadías cistercienses no territorio de Castela e foi elixido por Afonso VIII e a súa esposa como panteón real para eles e os seus descendentes.

A raíña ordenou edificar na Catedral de Toledo, unha capela dedicada a santo Thomas Becket ou Tomás Canturiense, que foi a primeira dedicada ao santo británico fóra das Illas británicas. A capela non se conserva na actualidade porque foi destruída e o seu espazo pasou a formar parte da capela de Santiago da Catedral de Toledo, que foi edificada polo condestable Álvaro de Luna para construír a súa propia capela funeraria. Así mesmo en 1183, sobre o soar da mesquita de Cuenca, cidade castelá reconquistada en 1177, ela ordenou que se comezase a construír a Catedral de Santa María e San Julián de Cuenca, de estilo gótico anglo-normando.

Faleceu o 31 de outubro de 1214, varias semanas despois do falecemento do seu marido, ocorrido o 6 de outubro dese mesmo ano. Foi raíña rexente de Castela durante 24 días.[9]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Froito do seu matrimonio con Afonso VIII naceron dez fillos dos que quedan constancia documental, aínda que probablemente houberon máis:[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Abbreviationes Chronicorum
  2. 2,0 2,1 "Leonor Plantagenet y de Aquitania". gw.geneanet.org. Arquivado dende o orixinal o 30-09-2014. Consultado o 20-10-2017. 
  3. A data é dubidosa pois hai varias referencias. A casa ducal de Medinaceli indica o 13 de outubro de 1162 Arquivado 07 de abril de 2016 en Wayback Machine..
  4. Annales Compostellani
  5. De novo, a casa ducal de Medinaceli, indica o 25 de outubro de 1214.
  6. Martínez Díez (2007), p. 41.
  7. 7,0 7,1 Gran Enciclopedia Larousse (1989). Leonor de Plantagenet. Vol. 14. Barcelona: Planeta. p. 6478. ISBN 84-320-7384-9. 
  8.  Arco y Garay (1954), p. 241.
  9.  Arco y Garay (1954), p. 248.
  10. González González (1960), pp. 194-212.
  11. Martínez Díez (2007), pp. 43-53.
  12. Martínez Díez (2007), pp. 46-47.
  13. Martínez Díez (2007), pp. 47-48.
  14. Martínez Díez (2007), p. 48.
  15.  González González (1960), p. 203.
  16. Martínez Díez (2007), pp. 48-49.
  17. Martínez Díez (2007), p. 49.
  18.  Martínez Díez (2007), pp. 49-50.
  19. Martínez Díez (2007), pp. 50-51.
  20. Martínez Díez (2007), pp. 51-52.
  21. Martínez Díez (2007), p. 52.
  22. Martínez Díez (2007), pp. 52-53.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Colmeiro y Penido, Manuel (1883). Cortes de los antiguos Reinos de León y de Castilla. Madrid: Establecimiento tipográfico de los sucesores de Rivadeneyra, impresores de la Real Casa. OCLC 493127914
  • Gómez Moreno, Manuel (1946). Instituto Diego Velázquez. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, ed. El Panteón de las Huelgas Reales de Burgos. Madrid.
  • Arco y Garay, Ricardo (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. CSIC.OCLC 11366237.
  • González González, Julio (1960). El reino de Castilla en la época de Alfonso VIII. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). OCLC 174572574.
  • Elorza, Juan C.; Vaquero, Lourdes; Castilla, Belén; Negro, Marta (1990). El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla (2ª edición). Valladolid: Editorial Evergráficas S.A. editor = Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social. ISBN 84-241-9999-5.
  • Martínez Díez, Gonzalo (2007). Alfonso VIII, rey de Castilla y Toledo (1158-1214). Gijón: Ediciones TreaISBN 978-84-9704-327-4.
  • Cerda, José Manuel (2011). «La dot gasconne d'Aliénor d'Angleterre. Entre royaume de Castille, royaume de France et royaume d'Angleterre». Cahiers de civilisation médiévale (en francés) 54 (215). ISSN 0007-9731.
  • Cerda , José Manuel (2012). «Leonor Plantagenet y la consolidación castellana en el reino de Alfonso VIII». Anuario de Estudios Medievales 42 (2). ISSN 0066-5061.
  • Cerda, José Manuel (2013). The marriage of Alfonso VIII of Castile and Leonor Plantagenet : the first bond between Spain and England in the Middle Ages. Les stratégies matrimoniales dans l’aristocratie (xe-xiiie siècle).
  • Cerda, José Manuel (2016). Leonor Plantagenet and the cult of Thomas Becket, in Castile, The Cult of St Thomas Becket in the Plantagenet World, Boydell Press.
  • Cerda, José Manuel  (2016). Matrimonio y patrimonio. La carta de arras de Leonor Plantagenet, reina consorte de Castilla. Anuario de Estudios Medievales, vol. 2.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]