Leonor de Castela (raíña de Aragón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Leonor de Castela (raíña de Aragón)
Raíña consorte de Aragón
Eleanor of Castile, queen of Aragon.jpg
Miniatura medieval que representa á raíña Leonor de Castela.

Reinado 1221-1229
Nacemento c. 1191
Falecemento 1244
Monasterio de Santa María la Real de Las Huelgas, Burgos
Predecesor María de Montpellier
Sucesor Violante de Hungría
Cónxuxe/s Xaime I de Aragón
Descendencia Véxase Descendencia
Casa real Casa de Borgoña

Leonor de Castela, nada c. 1191 e finada en 1244 no Mosteiro de Santa María a Real de las Huelgas, foi unha infanta de Castela, filla do rei Afonso VIII e a raíña Leonor Plantagenet así como raíña consorte de Aragón polo seu matrimonio co rei Xaime I de Aragón.

Liñaxe[editar | editar a fonte]

Filla de Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Leonor Plantagenet, os avós paternos de Leonor foron os reis Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Pamplona, e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e Leonor de Aquitania. Tivo varios irmáns, entre eles, o Henrique I de Castela e a raíña Berenguela.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais, o rei Afonso VIII e a raíña Leonor de Plantagenet finaron en 1214. Leonor permaneceu en Castela até a morte do seu irmán Henrique I en 1217.[2] Por consello da súa irmá a raíña Berenguela de Castela, contraeu matrimonio o 6 de febreiro de 1221 co rei aragonés Xaime I o Conquistador, no municipio soriano de Ágreda.[1]

Nesas datas, o rei Xaime I tiña tan só 14 anos de idade.[2] Recibiu do seu esposo en dote varias propiedades, incluíndo as localidades de Daroca, Épila, Uncastillo, Barbastro, e tras a celebración dos esponsais rexios dirixíronse á cidade aragonesa de Tarazona, na actual provincia de Zaragoza, onde Xaime I o Conquistador foi armado cabaleiro na catedral de Santa María de la Vega de Tarazona.[3]

O matrimonio foi anulado polo Papa Gregorio IX en 1229 a petición do seu esposo, que alegou impedimento de parentesco.[2] En 1234, nunha entrevista mantida no Mosteiro de Santa María de Huerta na fronteira entre os reinos de Castela e Aragón, entre Fernando III o Santo, sobriño da raíña Leonor, e o rei Xaime I, acordouse que a raíña Leonor, mentres non se desposase de novo, recibiría a vila e castelo de Ariza e que mantería todas as tenencias e usufruto que lle correspondían como dote que recibira no reino de Aragón. O rei aragonés tamén se comprometía a non separala do seu fillo, o infante Afonso, que se achaba xunto a ela.[2]

Tras a anulación do seu matrimonio co rei de Aragón, a raíña Leonor retirouse ao reino de Castela, onde faleceu no Mosteiro das Folgas de Burgos en 1244.[2][4]

Sepultura[editar | editar a fonte]

Despois da súa defunción, o cadáver da raíña Leonor de Castela recibiu sepultura no Mosteiro de las Huelgas de Burgos. Os seus restos mortais foron depositados nun sepulcro que na actualidade atópase colocado na Nave de Santa Catalina ou do Evanxeo, e áchase situado entre os que conteñen os restos do infante Filipe de Castela, fillo de Sancho IV de Castela e da raíña María de Molina, que se atopa colocado á súa dereita, e o que contén os restos do infante Pedro de Castela, irmán do anterior, que faleceu o 25 de xuño de 1319 no Desastre da Veiga de Granada.[5]

Durante a exploración do Mosteiro de las Huelgas levada a cabo a mediados do século XX comprobouse que os restos mortais da raíña Leonor, momificados e en bo estado de conservación, xacían no seu sepulcro de pedra calcaria con cuberta a dúas vertentes e liso, aínda que no pasado estivo policromado.[4][a]

O cadaleito no que se achaban os seus restos, cuxa momia medía 1´60 metros de estatura e achábase coas mans cruzadas sobre o peito, era de madeira e carecía de tapa, aínda que quedaban restos do seu forro exterior e dunha cruz realizada con galón de ouro craveteado, así como da indumentaria coa que foi inhumada a raíña, entre as que destacaban tres pezas de brocado árabe, son similares ás que se acharon no sepulcro do infante Felipe de Castela, fillo de Fernando III o Santo, que foi sepultado na igrexa de Santa María a Branca de Villalcázar de Sirga.[6]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio naceu soamente un fillo, Afonso de Aragón (1222-1260), o fillo primoxénito de Xaime I o Conquistador e o seu herdeiro que premorreu ao seu pai.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A corpulenta momia se conserva ben, e a súa camisa de lino e o seu hábito de lá negra.[4]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]