Alfonso Gallego Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Afonso Gallego Vila»)
Alfonso Gallego Vila
Nacemento15 de novembro de 1928
Lugar de nacementoCurtis
Falecemento17 de xaneiro de 2005
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor, debuxante e poeta
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Fernando Gallego Vila, nado en Curtis o 15 de novembro de 1928 e finado na Coruña o 17 de xaneiro de 2005,[1] foi un pintor, debuxante e poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos fundadores do grupo poético "Amanecer" en 1950. Nos Xogos florais de Galicia de 1960 obtivo unha mención honorífica polo poema "Carta desde la ciudad a un campesino". Foi finalista no Premio de poesía Ágora co libro La última palabra. O seu poemario A cidade é gaivota gañou o certame de poesía galega organizado polo grupo Brais Pinto, pero non foi publicado polos problemas económicos que afrontaba o grupo. En 1961 publicou o seu primeiro libro La señal del viento. Publicou poemas en galego na revista Signo (1966). Fixo a súa primeira exposición de pintura no centro lucense de Buenos Aires, presentado por Luís Seoane.[2] Expuxo en diversas cidades españolas e participou en máis decincuenta exposicións colectivas. Foi un dos fundadores do grupo informalista de pintores "A Gadaña". A derradeira mostra dos seus cadros foi en 1996, na Galería de Arte Atlántica.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La señal del viento, 1961.
  • Boca abajo, 1965.
  • Ayer está a volver, 1973.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-1-2005, p. 59.
  2. "Alfonso Gallego Vila, ante su exposición pictórica", entrevista en La Voz de Galicia, 11-6-1975, p. 27.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]