Centro Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Centro Gallego foi unha revista que se editou en Montevideo entre 1917 e 1931.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay, apareceu o 12 de outubro de 1917. Despois pasou a denominarse Publicación mensual ilustrada. En 1925, co número 109, cambiou o título por Revista del Centro Gallego. En 1929 volveu cambiar o título por Galicia, cesando a súa publicación en 1931. Era o órgano do Centro Gallego de Montevideo. Entre os seus directores figurou Julio Sigüenza (números 164-166).

Publicou en 1929 un número extraordinario e conmemorativo do cincuentenario do Centro, e outros números extraordinarios en 1944, 1954 e 1979. Tamén en 1925 apareceu outro extraordinario coa cabeceira Centro Gallego con motivo da inauguración do Edificio Social.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]