Nova narrativa galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A etiqueta nova narrativa galega designa a produción dun grupo determinado de narradores galegos que publican desde finais de 1950 e durante toda a década dos 60.

Características[editar | editar a fonte]

A prosa da nova narrativa galega supón unha innovación nas formas narrativas, a introdución de modelos culturais estranxeiros e unha ruptura da concepción tradicional da novela. As súas influencias estarán en William Faulkner, Franz Kafka, James Joyce, Marcel Proust, John Dos Passos no existencialismo francés de Jean-Paul Sartre ou Albert Camus e, moi especialmente, no nouveau roman; movemento do que toma o título. "Nouveau roman" tradúcese por nova novela, isto é, nova narrativa.

Caracterizouse por:

  • Estar protagonizado por autores e autoras novos con formación universitaria.
  • Rachar coas formas de narrar tradicionais (omnisciencia en terceira persoa) e optar por múltiples formas narrativas (a primeira persoa, a narración epistolar, a corrente de conciencia...).
  • Renunciar á linearidade temporal e á localización espacial concreta.
  • Espazos urbanos, desbotando o ruralismo.
  • Rexeitar os argumentos convencionais e lóxicos, así como os personaxes tradicionais, dándolle entrada o mundo dos soños.
  • Concibir o ser humano como un obxecto máis, normalmente moi degradado.
  • Renegar do enxebrismo, procurando a universalidade dos textos que escriben.
  • Introducir temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial.
  • Recibir influencias do Nouveau Roman francés e de escritores como Proust, Joyce, Faulkner, Kafka ou Camus, entre outros.

Autores de nova narrativa[editar | editar a fonte]

Nun primeiro momento, o autor máis destacado foi Gonzalo R. Mourullo, con dous libros que sinalaron o inicio desta corriente literaria: Nasce un árbore e Memorias de Tains. Logo virían nomes como Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares ou María Xosé Queizán. Camilo Gonsar e outro dos autores salientablesda Nova Narrativa. Nas súas obras crea un mundo moi persoal. Entre elas, salientan Lonxe de nós e dentro (1961), Como calquera outro día (1969), Cara Times square (198), A desfeita (1983) e A noite da aurora (2003). Malia a brevidade da súa corta obra, tamén destaca Xohán Casal, que finou en 1960, aos 24 anos. Os seus mellores relatos están recollidos no libro O camiño de abaixo (1970).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]