Manuel Coia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 O Hío, España |
Morte | 5 de xuño de 2017 (76/77 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escultor , mariño |
Movemento | Expresionismo |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Manuel Coia Franco, nado no Hio (Cangas) en 1940 e finado en Vigo o 5 de xuño de 2017,[1] foi un escultor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse nun ambiente mariñeiro, participou na vida do mar activamente e coñeceu a súa dureza e aventura cotiá en barcos de pesca por mares de todo o mundo.
A súa formación é autodidacta. A madeira é a súa materia habitual. Asistiu a certames colectivos como os da Praza da Princesa, en Vigo, onde empezou a ser coñecido a principios da década de 1970. Realizou algunhas exposicións individuais en cidades de Galiza, España e o estranxeiro.
Residiu moito tempo no Brasil, onde tomou contacto con outras concepcións da arte. Por fin volve a Galiza para traballar en silencio e sorprender periodicamente, con obras que son un berro, unha denuncia, case un panfleto. As esculturas de Coia son pura síntese. Está representado en museos de Pontevedra e Vigo, así como en importantes coleccións particulares.
Museos e coleccións que teñen obra súa
[editar | editar a fonte]- Casa da cultura de Cangas.
- Auditorio municipal de Cangas.
- Museo Quiñones de León en Vigo.
- Verbum - Casa das palabras en Vigo.
- Illa de San Simón en Redondela.
Obra Pública
[editar | editar a fonte]- O soño do emigrante (1994) Faro de Punta Nariga, Malpica de Bergantiños.
- O galeón (1 de maio de 2001)[2] Peirao de Ojea, Cangas.
- O pensador (2015) Praza de San Xosé, Cangas.
- Os mexillóns. Rotonda de Pedra Alta, Cangas.
- As pombas. Paseo marítimo, Cangas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manuel Coia
- ↑ Lamas, Jorge (2 de febreiro de 2007). "«El Galeón» de Coia se alza sobre un «con» en el puerto de Cangas". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Coia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Plástica Gallega, Francisco Pablos, Manuel Colmeiro Guimarás, Ángel Ilarri Gimeno, Xavier Pousa Carrera e Antonio Quesada Porto, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, 408 páx., ISBN 84-7231-603-3.[1]
- Ilarri Gimeno, Ángel: Catálogo do Museo de Castrelos. Vigo, Concello, 1978.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manuel Coia na Colección Afundación.
- Bibliografía en PintoresGallegos.com (en castelán).