Bebida de cola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Presentación habitual da cola, con xeo e limón.
Coca-Cola.

Unha bebida de cola é unha gasosa usualmente saborizada con caramelo colorado, e que frecuentemente posúe cafeína.[1]

Creada polo farmacéutico John Pemberton, orixinalmente vendíase en farmacias; actualmente converteuse nun tipo de bebida famosa en todo o mundo.

Sabor[editar | editar a fonte]

Malia o seu nome, os seus ingredientes principais son azucre (ou adozantes nas versións light), aceites cítricos (laranxa, lima ou pela de limón), canela, vainilla e un saborizante acedo, os cales na súa xusta medida e proporción se dilúen en auga carbonatada xunto a colorantes e conservantes.[2] Moitos fabricantes de bebidas de cola engaden outros ingredientes para crear un sabor propio da marca. Estes inclúen noz moscada, lavanda e unha gran variedade máis, no entanto a base principal, que a xente recoñece, segue sendo vainilla e canela. A noz de cola (sementes da árbore da cola: Cola acuminata), que ten un sabor amargo, contribúe en menor medida ou ningunha na meirande parte das receitas. A acidez é achegada polo ácido fosfórico, por veces acompañado dalgún ácido cítrico.

As bebidas de cola máis baratas conteñen só vainilla e canela como base do seu sabor. Algunhas receitas de bebida de cola son segredos industriais ben agochados, sendo o máis sonado a este respecto o da Coca-Cola.

Algúns adozantes coma o xarope de frutosa, o azucre e outros, adoitan ser usados na elaboración da bebida de cola. As bebidas marcadas coma "light", "zero", "diet ou "sen azucre" utilizan só edulcorantes artificiais.

Na elaboración das primeiras receitas de bebida de Cola usábanse follas de coca e sementes de Cola acuminata (noz de cola), na procura dunha menciña contra a dor de cabeza grazas a que conteñen alcaloides psicoestimulantes. Disque de aí provén o mundialmente famoso nome da Coca Cola.

Marcas[editar | editar a fonte]

Unha lata de Cola Turka, unha bebida de cola de Turquía.
Unha botella da bebida de cola alemá, Vita Cola.

As marcas máis importantes a nivel mundial son Coca-Cola, Pepsi e RC Cola. Hai moitas marcas locais, feitas por produtores rexionais, mais que nalgúns países son a primeira marca.

Europa[editar | editar a fonte]

Asia e Oriente medio[editar | editar a fonte]

Unha botella de Zam Zam Cola, unha bebida de cola de Irán.

Américas[editar | editar a fonte]

Reaccións químicas[editar | editar a fonte]

Por conteren gas, as bebidas de cola son acedas (o ácido carbónico fórmase cando o dióxido de carbono se disolve na auga), e poden reaccionar violentamente con bases químicas coma o bicarbonato de sodio. Moitas bebidas de cola tamén conteñen ácido fosfórico e/ou ácido cítrico, que incrementa altamente a acidez.

O experimento de erupción con Coca-Cola Light e Mentos converteuse en bastante popular, especialmente en sitios como YouTube, dedicándolle tamén un capítulo de "Mythbusters" ("Cazadores de mitos"). Os caramelos Mentos e os pos cristalizados coma o azucre ou o sal, cando son engadidos á cola (xeralmente light), causaban unha alta reacción ao crear pequenas burbullas de dióxido de carbono. Isto prodúcese pola reacción física ao ceibar CO2 disolto.

Outro experimento implica engadir xeo seco, fornecendo dióxido de carbono adicional que leva a que o dióxido de carbono presente na bebida saia desta, facendo que a botella estoupe.

En calquera caso, ao mesturarmos estas substancias con cola (ou calquera outra bebida carbonatada) fai burbullar a bebida, creando escuma e incrementando a presión na botella, que fai que a tampa saia disparada.[4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Cola procede do nome vulgar en linguas africanas da árbore da cola: kola. Coa noz de cola aromatizábanse as primeiras bebidas.

Saúde[editar | editar a fonte]

Unha revisión de estudos[5] expón o efecto prexudicial para o esmalte dental das bebidas de cola, é dicir: a produción da carie dental, nisto interveñen dous factores destas bebidas: o contido de sacarosa e o baixo pH.[6]

Un estudo de 2007 atopou que o consumo de refrescos de cola, tanto aqueles que contiñan adozante natural coma artificial, se asociou cun maior risco de enfermidade renal crónica talvez polo ácido fosfórico utilizado .[7] Beber dúas ou máis destas bebidas por día duplica a frecuencia de afeccións de ril, mentres que as bebidas de cola con ácido cítrico non teñen ese efecto.

O consumo de refrescos de cola, pero non doutras bebidas gasosas, asóciase cunha baixa densidade mineral ósea nas mujeres; cómpren máis estudos e descoñécese a súa relevancia clínica.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "What is Cola Flavored with?". Consultado o 19-06-2007. 
  2. "Notes On Making Cola". 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2014. 
  4. Chin TW, Loeb M, Fong IW (1995). "Effects of an acidic beverage (Coca-Cola) on absorption of ketoconazole". Antimicrob. Agents Chemother. 39 (8): 1671–5. PMC 162805. PMID 7486898. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2014. 
  5. Walsh, Laurence J. (2008). The University of Queensland, ed. "Black cola drinks, oral health and general health: an evidence-based approach." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2012. Consultado o 01 de xullo de 2014. 
  6. Bruce Hamilton (2011, Nov). stason.org, ed. "Chemistry FAQ: What is the pH of Coca-cola?". 
  7. Saldana TM, Basso O, Darden R, Sandler DP. (2007). Epidemiology, ed. "Carbonated beverages and chronic kidney disease". 
  8. Tucker KL, Morita K, Qiao N, Hannan MT, Cupples LA, Kiel DP. (2006). Am J Clin Nutr, ed. "Colas, but not other carbonated beverages, are associated with low bone mineral density in older women: The Framingham Osteoporosis Study.". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]