Saltar ao contido

Barquisimeto

Barquisimeto
 Nome orixinal
    Barquisimeto (es)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Barquisimeto (es)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    barquisimetano (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Vista nocturna
Imaxe
Datas
 Fundación / creación
1552 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   1.059.092 (2011) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2.760 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   566 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal3001 Editar o valor en Wikidata
VIAF154784878 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02s3k4 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX452525
Wikidata C:Commons

Barquisimeto é unha cidade da rexión centro-occidental de Venezuela, e a capital do estado Lara, que foi fundada en 1552 polo explorador Juan de Villegas co nome de Nueva Segovia. A súa área metropolitana inclúe os concellos veciños de Iribarren, Palavecino, Crespo, Jiménez e Peña, e ten 1,272 848 habitantes (2012), o que fai dela a cuarta do país segundo a súa poboación, tralas áreas metropolitanas de Caracas, Maracaibo e Valencia.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • Obelisco de Barquisimeto, construído en 1952 na zona oeste da cidade por mor do 400º aniversario da súa fundación. Trátase dunha torre de base rectangular e 75 metros de altura, cun reloxo na parte superior e un ascensor no interior que leva a un miradoiro.
  • Catedral de Barquisimeto, é un templo católico moderno rematado en 1968, que foi construído no lugar que ocupaba o antigo templo, moi danado por diversos terremotos. A forma do actual templo semella unha flor boca abaixo. O teito está feito con paneis de material acrílico sostidos por cables de aceiro tensado.
  • Teatro Juares, inaugurado en 1905 como Teatro Municipal, conta cun salón principal no que collen 708 persoas sentadas.
  • Flor de Venezuela, foi o pavillón de Venezuela na Expo 2000 celebrada en Hannover. A súa bóveda de 39 metros de diámetro está composta por 16 pétalos que se abren e se pechan sobre un talo hidráulico de 19 metros de altura.
  • Basílica de Santa Rosa, é unha igrexa que acolle a imaxe da Divina Pastora, a icona relixiosa máis importante de Venezuela. Cada ano, o 14 de xaneiro, a imaxe sae dende esta basílica ata a catedral nunha procesión de 7'5 quilómetros considerada a máis multitudinaria do continente.

Educación

[editar | editar a fonte]

A cidade acolle un salientable número de institucións académicas como universidades e centros de educación superior, entre as que sobresaen a Universidade Centroccidental Lisandro Alvarado (UCLA) e a Universidade Nacional Experimental Politécnica (UNEXPO).