Galicola
Aparencia
| Galicola | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Galicola foi o nome dun refresco de cola feito e distribuído en Galiza pola Asociación Cultural Fontaira, e embotellada por Disbepo, dende outubro de 2009, e que destinaba o 5% das vendas para a promoción e normalización da lingua galega. Presentouse nunha manifestación de Queremos Galego en outubro de 2009, onde venderon 800 botellas[1]. En 2013 segundo datos dos organizadores vendía un máximo de 1250 botellas ao mes[2]. Por outra banda, segundo os impulsores da iniciativa, tamén se buscaba:
facer unha oposición consciente á globalización e ao imperialismo.
Destacar que a asociación organizaba un premio, o premio Angelo Casal, dotado co devantido 5% das vendas e que en 2010 foi concedido á agrupación Mocidade pola Língua para sufragar a súa iniciativa a prol do galego.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Otero, Paula (21 de outubro de 2010). "Cola 'made in' Galicia". El Progreso.
- ↑ "Eu, cidadán terrorista". Praza Pública. 27 de maio de 2013.
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - A Galicola adozará os proxectos da Mocidade pola Língua". vieiros.com. Consultado o 2026-08-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da Galicola
- Galicola, la chispa de la lengua, reportaxe en El País o 30 de outubro de 2009.