Saltar ao contido

Carbónicas Landeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carbónicas Landeira

Tipoempresa de alimentación Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1945 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
SedeSanta Comba Editar o valor en Wikidata
Ligazóns
Páxina WEBcarbonicaslandeira.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Carbónicas Landeira é unha empresa galega adicada a fabricación de refrescos con sede en Santa Comba cuxa historia se remonta á creación dunha fábrica en 1945 por Antonio Landeira Landeira. É a fabricante de refresco La Pitusa, que ofrece sabores de mazá, cola, limón, laranxa, ademais da gasosa.

Na actualidade, Carbónicas Landeira S.A. xa conta nas súas filas coa incorporación efectiva da terceira xeración familiar, quen asumen as áreas de produción e comercialización. As instalacións produtivas e embotelladoras ocupan unha superficie de máis de 3000 metros cadrados con dúas liñas independentes de envasado, vidro e pet e capacidade para máis de 10.000 botellas hora. As áreas de negocio actuais confórmanas, por un lado a produción e embotellado de bebidas refrescantes, contando con marca propia (Splity) e autorización para marcas nacionais (Pitusa, Zar, Coral) e por outro lado un canal de distribución propio na zona noroeste da provincia da Coruña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]