Lago de Banyoles
Tipo | lago espazo natural protexido Pla d'Espais d'Interès Natural | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | España | |||
División administrativa | Banyoles, España e Porqueres, España | |||
| ||||
Conca hidrográfica | conca do Ter | |||
Características | ||||
Altitude | 172 m | |||
Profundidade | 47 m | |||
Tamaño | 0,75 () × 2,1 () km | |||
Perímetro | 9,125 km | |||
Superficie | 113,7 ha | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 22 de xuño de 1951 | |||
Identificador | RI-54-0000006 | |||
Sitio Ramsar | ||||
Identificador | 1257 | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 389102 | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 16.120.000 m³ | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
2004 | 2004 World Rowing Championships (en) | |||
1992 | Remo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1992 (pt) | |||
Actividade | ||||
Uso | remo, piragüismo, paseo e baño público | |||
O lago de Banyoles (en catalán: Estany de Banyoles) é o lago máis grande de Cataluña, na provincia de Xirona. É o principal símbolo da cidade de Banyoles, na comarca do Pla de l'Estany. O lago e a súa conca lacustre son considerados o conxunto cárstico máis extenso de España, constituíndo un sistema ambiental de notable valor.
Situado no oeste do termo municipal de Banyoles, foi declarado pola Generalitat de Cataluña como zona integrante do Plan de Espazos de Interese Natural. En 2003 foi incluído na lista Ramsar de Zonas Húmidas de Importancia Internacional, solicitándose por varios colectivos a instauración dun parque natural.
Formación
[editar | editar a fonte]O lago de Banyoles é de orixe tectónico e cárstico. Formouse na época cuaternaria, hai uns 250.000 anos. Os movementos tectónicos producidos pola formación dos Pireneos abriron a falla do Empordà. A erosión e outros fenómenos xeolóxicos crearon a zona lacustre.
O primeiro lago de Banyoles tiña unha extensión moi superior á actual, alagando as ribeiras uns 6 ou 8 metros por encima do nivel actual das augas.
Orixe das augas
[editar | editar a fonte]Moitos científicos sosteñen que a orixe das augas do lago está relacionado polas perdas dos ríos Ter e Fluvià. Os estudos levados a cabo no século XX demostran que o lago aliméntase de xeito subterráneo dos acuíferos provenientes do norte e do oeste, na zona da Alta Garrotxa.
Entrada da auga
[editar | editar a fonte]A auga do lago de Banyoles provén da Alta Garrotxa, onde se filtra e discorre a través dunha serie de canles subterráneas conectada cos acuíferos. A auga brota en tres niveis diferentes formando a conca lacustre, que se compón dos regatos de Espolla e Usall, a lagoa de Sant Miquel de Campmaor e o lago de Banyoles, pero tamén discorre auga superficial cara ao lago, a través dos regatos naturais de Estunes, Vilà, Deus, Marquès, Tanyers, Castellana, Can Morgat e Lió, que supón o 10% das achegas totais de auga ao lago.
Deportes
[editar | editar a fonte]En 1992 foi acondicionado para a celebración das competicións de remo dos XXV Xogos Olímpicos. Dotándoo de instalacións temporais: a pista de remo en si, bancadas provisionais para 4.500 persoas sentadas, unha torre de 14m para as cámaras e o foto finish e as instalacións do Club Natació Banyoles foron usadas como centro administrativo e de servizos.
En 2004 foi o escenario do Campionato Mundial de Remo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago de Banyoles |