Verto
Verto | |
---|---|
Orixe | ![]() |
Período | 2019 - 2021 |
Xénero(s) | pop, trap, disco |
Selo(s) discográfico(s) | Tremendo Audiovisual |
Membros | Alberto Mira Fernando Peleteiro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Verto é un grupo independente de música pop, disco e trap galego que comezou en 2019. Está composto por Alberto Mira "Berto" e Fernando Peleteiro "Fer". Considerados un dos grupos pioneiros da música pop en galego, tendo millóns de escoitas na plataforma Spotify.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutaron en novembro de 2019 cos seus primeiros traballos "Amolecer" e "Rebolando x Ti", xa coa estética pop que caracteriza actualmente ao grupo.
Máis tarde, en decembro de 2019, saíu o "Pack do nadal", EP conceptual co que simbolizaron os estados emocionais polos que pasa unha ruptura. Un dos temas, "Algo que non sexa", segue a ser na actualidade un tema insignia do seu proxecto.
O 17 de xaneiro de 2020, o grupo participou no Luar da TVG co seu tema "Oie Gayego", unha canción trap retranqueira que lles deu gran popularidade.[2]
O 14 de marzo de 2020 lanzaron o seu primeiro EP Puro Ocio,[3] composto por sete temas de estética urbana, que acumula máis de setecentas mil escoitas en Spotify.
O 9 de abril de 2021 sacaron a luz o seu primeiro LP Embora, composto por catorce temas pop con ritmos disco e techno que acumulan máis de un millón de escoitas en Spotify.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
- Puro ocio (2020)
- Embora (2021)
Sinxelos[editar | editar a fonte]
- "Amolecer" (2019)
- "Rebolando x ti" (2019)
- "Pack do nadal" (2019)
- "Oie Gayego" (2020)
- "Pegadiño a ti" (2020)
- "Ambiente" con Rhome (2020)
- "Comando Sabor" con LORA (2020)
- "Muinheira de Chantada" (2021)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ""Haberá quen pense que somos un par de 'gilipollas' e quen pense que o que facemos é bo para a normalización"". Praza Pública. 2021-09-24. Consultado o 2021-09-27.
- ↑ crtvg.es, ed. (18 de xaneiro de 2020). "O ritmo e as letras de Verto sacaron bailar canta persoa había no Luar". Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ Eiras, Celia (26 de marzo de 2020). "Verto fan "Puro Ocio", pero teñen potencial para facer moito máis". balea.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 29 de maio de 2020.
![]() |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |