Escudo de Hungría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Versión actual do escudo de Hungría.

O escudo de Hungría é o tradicionalmente chamado "pequeno brasón de Hungría" que, despois de suprimirse dende 1949, foi recuperado polo Parlamento húngaro en xullo de 1990.

O escudo está dividido en dous flancos no sinistro, de goles, sobre tres montículos, atópase, no medio, unha coroa de ouro e sobre ela unha cruz patriarcal de prata. Sobre o bordo superior repousa a coroa húngara. A cruz patriarcal é un símbolo que aparece por primeira vez en moedas acuñadas a finais do século XII. O flanco destro está cortado en oito franxas horizontais de goles e prata, alternadas. O conxunto aparece timbrado coa coroa do rei Santo Estevo.

Escudos históricos[editar | editar a fonte]