Bandeira da República Democrática do Congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Bandeira da República Democrática do Congo
Bandeira da República Democrática do Congo
Características
Uso
Proporción 2:3
Adopción 18 de febreiro de 2006
Cores      Azul     Vermello     Amarelo

A bandeira nacional da República Democrática do Congo foi adoptada o 18 de febreiro do 2006 xunto cunha nova constitución. A nova bandeira é moi similar á de 1963: azul cunha franxa diagonal vermella de bordos amarelos e unha estrela tamén amarela na esquina superior esquerda.

Cores[editar | editar a fonte]

  • Vermello: representa o sangue dos mártires do país.
  • Amarelo: representa a riqueza, e a estrela un futuro radiante para o país.
  • Azul: representa a paz.

Protección xurídica da bandeira[editar | editar a fonte]

O artigo 138 do código penal da República Democrática do Congo contempla como infracción a ultraxe ao emblema do país. Esta ultraxe pode entenderse como todo acto, todo xesto susceptible de afectar á integridade da bandeira ou de degradar o seu valor emblemático e simbólico representativos da identidade e da unidade nacional.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira bandeira do Congo foi izada en 1877 pola Asociación Internacional Africana do rei Leopoldo II de Bélxica, que estaba formada por un pano azul cunha estrela amarela de cinco puntas no centro, e que supóstamente foi deseñada polo famoso explorador Henry Morton Stanley, representando a luz da civilización alumeando á África Negra. Este deseño mantívose tras ser recoñecida oficialmente a posesión belga do Estado Libre do Congo na Conferencia de Berlín.

Tras conseguir a independencia o 30 de xuño de 1960, engadíronse á bandeira seis estrelas, representando ás seis provincias nas que estaba dividido o Congo Belga no momento da súa independencia.

En 1963, trala revolta de Katanga e o golpe de estado do xeneral Mobutu Sese Seko, adoptouse unha nova bandeira, tamén de cor azul coa estrela amarela na esquina superior do lado da asta, e unha franxa diagonal de cor vermella perfilada en cor amarelo.

En 1971, co cambio de nome do país (que pasou a chamarse Zaire), volveuse cambiar a bandeira. O deseño da bandeira de Zaire consistiu nun fondo verde claro, cun círculo amarelo no centro cunha man dereita levando un facho con lapas vermellas dentro.

En 1997, coa caída do réxime do xeneral Mobutu Sese Seko, volveuse adoptar a bandeira da independencia, é dicir, de cor azul cunha estrela amarela de cinco puntas no centro e con seis estrelas amarelas de cinco puntas dispostas verticalmente do lado das asta que representan ás seis provincias nas que estaba dividido o Congo no momento da súa independencia.

No 2005, a nova constitución prevía restablecerr unha bandeira semellante á de 1966. Logo da adopción da constitución, esta bandeira converteuse na oficial e izouse por primeira vez o 18 de febreiro do 2006.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]