Bandeira de Togo
Aparencia
| Bandeira de Togo | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 3:5 |
| Adopción | 27 de abril de 1960 |
| Cores | Verde Branco Amarelo Vermello |
A bandeira de Togo foi adoptada o 27 de abril de 1960 e foi deseñada polo Paul Ahyi e ten unhas proporcións practicamente áureas (3:5).
Descrición
[editar | editar a fonte]A bandeira de Togo consta de cinco franxas horizontais iguais e de cor verde (parte superior e inferior) alternando co amarelo. No extremo superior esquerdo (do lado do pau) hai un cadrado vermello sobre o que aparece unha estrela branca de cinco puntas. A bandeira emprega as cores panafricanas, do mesmo xeito que a bandeira de Etiopía, aínda que o deseño da bandeira togolesa aseméllase ao da bandeira de Liberia, a cal faise eco á vez da bandeira dos Estados Unidos.
Cores e significado
[editar | editar a fonte]As cores da bandeira de Togo teñen os seguintes significados: