Bandeira do Sudán do Sur
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Bandeira do Sudán do Sur | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 9 de xullo de 2005 |
Cores | Negro Vermello Verde Azul Amarelo Branco |
A bandeira do Sudán do Sur adoptouse tras asinar o Acordo Xeral de Paz que puxo fin á Segunda Guerra Civil Sudanesa. A bandeira foi utilizada anteriormente como a bandeira do Sudán polo Exército de Liberación do Pobo do Sudán. A bandeira é similar á bandeira de Kenya coa adición dun triángulo azul e unha estrela de ouro dentro do triángulo. As cores representan a poboación sudanesa do Sur (negro), o sangue ciscado pola liberdade (vermello), a terra (verde), a estrela de ouro representa a Estrela de Belén, como unión dos estados do Sudán do Sur. A bandeira do Sudán do Sur é unha das dúas bandeiras de seis cores que hai no mundo, xunto coa bandeira de Suráfrica.