Bandeira de Somalia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Somalia
Bandeira de Somalia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción12 de outubro de 1954
Cores     Celeste     Branco

A bandeira de Somalia foi adoptada o 12 de outubro de 1954. Consiste nun fondo de cor azul claro no que figura, na súa parte central, unha estrela de cinco puntas de cor branca.

A bandeira de Somalia foi deseñada por Mohammed Awale Liban. É da mesma cor que a usada polas Nacións Unidas xa que se decidiu ofrecer un recoñecemento á organización internacional pola axuda prestada no seu proceso de independencia respecto a Italia.

As cinco puntas da estrela branca simbolizan as cinco áreas habitadas por somalís: Somalilandia Británica, Somalilandia Italiana, Somalilandia Francesa (Yibuti), Ogaden (en Etiopía) e o Distrito da Fronteira Setentrional de Kenya.

Coa caída da monarquía etíope en 1975 o goberno de Somalia aproveitou a desorganización existente e a guerra de Eritrea para apoiar un movemento pola independencia da parte Oriental de Etiopía (Ogadén) e a súa posterior unión a Somalia. O movemento fracasou grazas á axuda militar soviética e cubana a Etiopía. Dirixiu a loita a Fronte de Liberación de Somalia Occidental cuxa bandeira é verde e vermella en dúas franxas verticais: o verde é a cor dos musulmáns (que son maioritarios entre os somalís) e o vermello é polo sangue; a estrela simboliza ó pobo.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]