Bandeira da Guinea Ecuatorial
Bandeira da Guinea Ecuatorial | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 12 de outubro de 1968 Restaurada o 21 de agosto de 1979 |
Cores | Vermello Verde Branco Azul |
A bandeira da Guinea Ecuatorial consta de tres franxas horitzontais verde, branca e vermella, amais dun triángulo azul do lado do pau. No centro, a bandeira está decorada co escudo estatal na banda branca, que representa un bombax, a árbore tradicional da rexióx, sobre un fondo branco, coroado por seis estrelas amarelas de seis puntas que simbolizan o territorio continental e as cinco illas que integran o estado. Baixo o escudo atópase o lema nacional en castelán: Unidad, Paz, Justicia ('unidade, paz, xustiza').
Historia[editar | editar a fonte]
A bandeira da Guinea Ecuatorial foi adoptada ao proclamarse a independencia do país o 12 de outubro de 1968. O escudo presente no centro da bandeira, na súa franxa branca, foi modificado durante a ditadura de Macías en 1973[1]. Foi restaurada o 21 de agosto de 1979 trala chegada ao poder de Teodoro Obiang Nguema. A cor verde representa a flora do país, o azul o mar, o branco a paz e o vermello a independencia.
A árbore que aparece na bandeira e no escudo nacionais é a árbore de algodón de seda (Bombax).
Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]
Bandeira da Guinea Ecuatorial durante a ditadura de Macías (1973-1979).
Máis bandeiras da Guinea Ecuatorial[editar | editar a fonte]
Os bubi da illa Bioko empregan unha variante de bandeira a raias vermellas e verdes cun cantón azul, cun triángulo branco tradicional no centro do cantón. Os independentistas bubi do Grupo Nacionalista Bubi 1 de Abril empregan unha bandeira tricolor azul, branca e verde cunha estrela de catro puntas no centro da franxa branca.