Bandeira de Ruanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Bandeira de Ruanda
Bandeira de Ruanda
Características
Uso
Proporción 2:3
Adopción 25 de outubro do 2001
Cores      Azul     amarelo     Verde

A bandeira nacional de Ruanda foi adoptada o 25 de outubro do 2001. Trátase dunha bandeira dividida en tres franxas horizontais coas cores azul (a superior), amarelo (a situada no centro) e verde (a inferior). Na bandeira hai dúas tonalidades diferentes de amarelo: o denominado amarelo estándar para a franxa central e o denominado amarelo sol polo sistema Pantone para o sol da esquina superior dereita.[1] A franxa superior posúe un grosor do dobre de tamaño respecto ás dúas inferiores. No cuadrante superior máis alonxado do mastro aparece representado o sol dentro da franja azul, que representa a ilustración, á luz que aclara progresivamente a todo o pobo, isto traduce a unidade, a transparencia e a loita contra a ignorancia.[2] A bandeira representa a unidade nacional, o respecto polo traballo, o heroísmo e a confianza no futuro.[1].

A bandeira foi deseñada por Alphonse Kirimobenecyo.

Significado das cores[editar | editar a fonte]

O significado das cores da bandeira é o seguinte:

  • Amarelo: representa o crecemento económico. Os ruandeses débense aplicar ao traballo para chegar a un desenvolvemento económico duradeiro.
  • Verde: representa a prosperidade, grazas ao emprego racional da forza dos ruandeses e dos recursos do país.
  • Azul: representa o optimismo e a boa sorte.[1][2]

O vermello está ausente na bandeira, mais non da simboloxía oficial. Trátase amais do único país que presenta unha simboloxía para unha cor non presente. O vermello simboliza pois as masacres pasadas e o sangue que foi vertido nelas. A súa ausencia da bandeira simboliza a ruptura co espírito do xenocidio.

Bandeiras anteriores[editar | editar a fonte]

A antiga bandeira de Ruanda, creada oficialmente o 25 de setembro de 1961 e confirmada no momento da plena independencia o 1 de xullo de 1962, estaba composta, como a bandeira da Guinea, por tres franxas verticais do mesmo tamaño e lucía as cores panafricanas: vermello (a máis próxima ao mastro), amarelo (a central) e verde). Na franxa central da bandeira ruandesa figuraba, dende 1962, a inicial do nome do país "R" en cor negro para diferenciala da guineana.

A nova bandeira foi adoptada no 2001 en contestación ao período de transición que coñeceu o país ao saír do xenocidio. Estaba en efecto demasiado vinculado aos acontecementos que ensanguentaran o país. A supresión do vermello, substituído por azul dunha banda máis ancha que as dúas outros, así como o engadido dun sol, representa así a vontade reivindicada de cortar co período precedente e de volverse cara ao futuro. Esta bandeira trocouse, como parte da renovación nacional emprendida tralo xenocidio de Ruanda.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Rwanda unveils new flag and anthem
  2. 2,0 2,1 2,2 ""Flags of the World" page on flag of Rwanda". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]