Bandeira de Burundi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira de Burundi
Bandeira de Burundi
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción28 de xuño de 1967
Cores     Vermello     branco     Verde

A bandeira de Burundi está composta por unha cruz de Santo André de cor branca dividindo a bandeira en catro áreas, sendo a superior e a inferior de cor vermella, e as laterais de cor verde. No centro da bandeira aparece un círculo branco que contén tres estrelas vermellas de seis puntas perfiladas en verde, que simbolizan os tres grupos étnicos maioritarios de Burundi: os hutus, os twa e os tutsis. Tamén simbolizan os tres elementos do lema nacional: unidade, traballo e progreso, que se poden ler no escudo de Burundi.[1]

Foi adoptada o 28 de xuño de 1967, e trocouse a proporción orixinal da bandeira, que era de 2:3, o 27 de setembro de 1982, pasando a ser de 3:5.

Significado das cores[editar | editar a fonte]

  • Verde: simboliza a esperanza.
  • Branco: simboliza a paz.
  • Vermello: representa os que caeron na loita pola independencia.[1]

Antigas versións da bandeira[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Guide to the Flags of the World by Mauro Talocci, revised and updated by Whitney Smith (ISBN 0-688-01141-1), p. 153.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]