Saltar ao contido

Bandeira de Etiopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Etiopía
Bandeira de Etiopía
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción20 de agosto de 1996
Cores     Verde     Amarelo     Vermello     Azul

A versión actual da bandeira de Etiopía foi adoptada o 6 de febreiro de 1996, aínda que a súa forma final estaba regulada por decreto dende 1986.

  • O artigo 3. 1 da Constitución de Etiopía establece a forma da bandeira do estado (verde, amarelo e vermello sen máis precisións).
  • O artigo 3. 2 establece que o emblema debe reflectir a igualdade das nacións, nacionalidades, pobos e relixións en Etiopía e a súa aspiración a vivir xuntos.
  • O artigo 3. 3 establece que cada estado membro da Federación terá a súa propia bandeira e emblema; os detalles particulares os establecerán os seus respectivos parlamentos.
  • a bandeira nacional regulouse de acordo coa proclamación 16/1996 do 6 de febreiro de 1996 que tamén estableceu o escudo. Esta proclamación entrou en vigor o mesmo día.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A bandeira de Etiopía está composta por tres franxas horizontais do mesmo tamaño: a superior é de cor verde, a central amarela e a inferior vermella. Na parte central, ocupando a franxa central e parte das exteriores, figura o escudo de Etiopía, formado por un círculo azul cunha estrela dourada de cinco puntas (como un pentagrama).

Cores e significado

[editar | editar a fonte]

O significado das cores da bandeira foi variando ao longo do tempo. Actualmente a cor verde representa a fertilidade do país, o amarelo simboliza a liberdade relixiosa e o vermello evoca aos que morreron defendendo a integridade nacional.

A estrela dourada de cinco puntas do escudo representa a igualdade entre homes e mulleres, de tódolos grupos étnicos e relixiosos. Os raios que figuran entre as puntas da estrela reflicten o futuro brillante de Etiopía. A cor azul do emblema simboliza a paz e a democracia desexadas para o país.

As cores panafricanas -vermello, verde, amarelo- teñen a súa base na bandeira etíope, unha das máis antigas do continente africano. O esquema tricolor da bandeira é moi antigo, anterior á creación do estandarte do Imperio de Abisinia. As tres cores tamén compuñan a bandeira creada en 1897, un ano despois da Batalla de Adua, na que os etíopes se defenderon do expansionismo colonial italiano.

Durante a existencia da monarquía etíope aparecía representado na bandeira un león coroado, coñecido como o “León de Judá” que portaba un estandarte cunha cruz incorporada no extremo do pau, símbolo do vínculo do país coa Igrexa Etíope Tewahedo.

Coa desaparición da monarquía etíope en 1975, a bandeira nacional contou cos mesmos elementos, mais o León de Judá foi retirado e non se incorporou ningún escudo ou emblema novo. Esta bandeira empregouse ata 1987 e, posteriormente, dende 1991 ata 1996.

Entre 1987 e 1996, no centro da bandeira figurou o escudo da República Democrática Popular de Etiopía, dominado por unha estrela amarela de cinco puntas situada na súa parte superior e rodeado por unha coroa ou grilanda vexetal.

Bandeiras históricas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]