Bandeira do Sáhara Occidental
Aparencia
| Bandeira de Sáhara Occidental | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 1:2 |
| Adopción | 28 de febreiro de 1976 |
| Cores | Negro Branco Verde Vermello |
A bandeira do Sáhara Occidental é a mesma que utilizou a Fronte Polisario dende 1973 na súa loita contra a colonización española, e está baseada no deseño da bandeira da rebelión árabe fronte ao Imperio Otomán que tivo lugar durante a primeira guerra mundial. A bandeira consiste en tres franxas horizontais do mesmo tamaño (negro, branco e verde), unidas cun triángulo vermello situado no bordo máis próximo ó mastro; ademais, ten o engadido da media lúa e a estrela vermellas no centro da bandeira, símbolo utilizado noutros países magrebís.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Sáhara Occidental |
