Bandeira das Seychelles
Aparencia
| Bandeira das Seychelles | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 1:2 |
| Adopción | 18 de xuño de 1996 |
| Cores | Azul Amarelo Vermello Branco Verde |
A bandeira das Seychelles foi adoptada o 18 de xuño de 1996. A bandeira orixinal foi adoptada logo da independencia do país en 1976. En 1977, cando o presidente James Mancham foi deposto por France-Albert René, abandonouse ese modelo e empezou a utilizarse unha nova, cunha franxa vermella, outra branca e outra verde, superpostas como se fosen ondas do mar. En 1996, decidiuse usar a bandeira actual.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Usada entre xuño de 1976 e xuño de 1977
-
Usada entre 1977-1996