Bandeira de Tunisia
Aparencia
| Bandeira de Tunisia | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 2:3 |
| Adopción | 1831 |
| Cores | Vermello Branco |
A bandeira de Tunisia é un pano de cor rubia cun círculo branco na zona central que contén unha lúa crecente e unha estrela de cinco puntas rubias. As súas proporcións son 2:3.
A bandeira nacional de Tunisia non sufriu grandes mudanzas desde que foi adoptada en 1831 polo bey (monarca) tunisiano Hassine I. A lúa crecente e a estrela son símbolos tradicionais do islam e indican que Tunisia formou parte do Imperio Otomán. A cor vermella tamén foi tomada dos otománs. A bandeira nacional recuperouse coa independencia de Francia (20 de marzo de 1956), que fora cambiada en 1881 ao establecerse o dominio colonial francés.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]- Estandarte da época fatimí (909-973)
- Estandarte do período dos Hafsíes (1230-1574)
- Estandarte alternativo do período dos Hafsíes
- Estandarte da época otomá (1574-1831)
- Bandeira da Mariña Otomá (1793-1844)
- Bandeira do Bey de Tunisia en uso no século XIX
- Bandeira naval da mariña tunesina dende a década de 1830, e a bandeira nacional de Tu isia dende 1959 ata 1999, cunha media lúa lixeiramente máis delgada que no deseño actual.
- Bandeira que foi utilizada por algunhas unidades militares con sede en Tunisia, durante o protectorado francés
- Bandeira da República Islámica Árabe, de acordo con Tahar Belkhodja