Bandeira de Eswatini
Aparencia
Bandeira de Eswatini | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 6 de outubro de 1968 |
Cores | Azul Vermello Amarelo Negro Branco |
A bandeira nacional de Eswatini foi adoptada o 6 de outubro de 1968.[1]
Cores e simbolismo
[editar | editar a fonte]- Azul: representa á paz e á estabilidade.
- Amarelo: representa os recursos naturais do país.
- Vermello: representa as batallas en tempos históricos.
O escudo, as dúas lanzas e o caxato zulú representan a defensa de Eswatini contra os seus inimigos. As cores do escudo (branco e negro) representa a convivencia pacífica entre as comunidades negra e branca.
Historia
[editar | editar a fonte]A bandeira está baseada nunha realizada polo rei Sobhuza II para os Swazi Pioneer Corps en 1941. Nesta hai un escudo Emasotsha en disposición horizontal. O escudo está reforzado por un caxato do cal colgan injobo (grupos de borlas de plumas de euplectes e o turaco). Por riba do caxato de mando están dúas lanzas locais chamadas assegai.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira de Suacilandia de 1890 a 1894.
-
Bandeira de Suacilandia de 1894 a 1902.
-
Bandeira de Suacilandia de 1968 a 2011.
-
Estandarte real.