Audiovisual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Os compoñentes de alta calidade audiovisual reproducen a experiencia dun concerto en directo.

O termo audiovisual (AV, ou A/V) fai referencia a obras cos compoñentes do son e da imaxe, á produción ou uso desas obras, ou ó equipamento empregado para a creación das devanditas. Exemplos de ditas producións son os filmes e os programas de televisión.

Nos últimos tempos as presentacións de negocios adoitan ser audiovisuais, cunha persoa proporcionando o son mediante a fala, acompañando a exposición con series de imaxes proxectadas nunha pantalla.[1]

Percepción do audiovisual[editar | editar a fonte]

Percepción visual[editar | editar a fonte]

O ollo humano percibe a luz, unha parte do espectro electromagnético. O ollo recibe os estímulos dos raios de luz procedentes da contorna que atravesan o cristalino incidindo na parte posterior do ollo coñecida como retina. Alí estimulan uns foto-receptores (bastóns e conos), estes de tres tipos diferentes, sensíbeis a tres lonxitudes de onda distintas que permiten ver en tricromía, e que envían impulsos nerviosos a través do nervio óptico cara á cortiza cerebral encargada da visión, creándose así as imaxes percibidas. Xa que cada un dos ollos ten unha visión lixeiramente diferente dun obxecto, o cerebro debe encargarse de fusionar as imaxes para crear un efecto tridimensional (estereoscópico), permitindo percibir de forma instantánea a profundidade e a distancia. Na retina, ademais, dáse o fenómeno da persistencia retiniana, que permite crear a sensación de movemento, aínda que realmente o percibido sexa unha sucesión de imaxes fixas a unha determinada velocidade.

Percepción auditiva[editar | editar a fonte]

O son é unha vibración que se transmite a través dun medio. Estas vibracións transmítense pola orella a través dos ósos do oído, dos cales dependen o rango de audición do suxeito. É distinto para os humanos e para outros animais, e é maior nos individuos mozos que nos adultos ou anciáns, xa que co paso do tempo pérdense as frecuencias agudas. Estas vibracións transfórmanse en impulsos nerviosos que chegan ó cerebro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barman, Charles (1984). "Slide-Tape Presentations on a Classroom Budget". University of California Press. The American Biology Teacher 46 (6): 344. Consultado o 30 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Observatoire européen de l'audiovisuel (2012). Les Éditions du Conseil de l'Europe, ed. L’avenir des aides d’Etat pour l’audiovisuel. Estrasburgo. p. 45. ISBN 9789287173782. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]