Saltar ao contido

Pérez, o ratiño dos teus soños

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pérez, o ratiño dos teus soños
 Instancia de
 Título
El Ratón Pérez (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Forma artística
 Formato de distribución
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Deseñador/a son
Datas
 Data de publicación
10 de xaneiro de 2008 (Alemaña)
2006 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
Duración94 min Editar o valor en Wikidata
Orzamento2300000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fmpnl Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0458076 Filmaffinity: 750226 Allocine: 176953 Rottentomatoes: m/perez_el_ratoncito_de_los_dientes Allmovie: v359007 Netlix: 70069784 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Pérez, o ratiño dos teus soños (Título orixinal: El Ratón Pérez) é unha coprodución de animación hispano-arxentina dirixida por Juan Pablo Buscarini en 2006. Está producida por Castelao Productions, Filmax Animation e Patagonik Film Group.

Lucía e a súa familia axudarán ao intrépido Ratiño Pérez a desbaratar os sinistros plans de Fugaz e Pipo, dous malvados ratos que desexan acabar con Pérez. Queren roubar os dentes de todos os nenos do mundo, convertelos en perlas e así se faceren ricos.

A película acadou unha grande aceptación e logrou o recoñecemento con galardóns coma o Premio Goya á mellor película de animación en 2006 e o premio á mellor película de animación 2007 no XIV Festival de Cine Latino de San Diego (Estados Unidos, 2007).

A película estreouse na Arxentina o 13 de xullo de 2006[1][2], mentres que a estrea en España foi o 22 de decembro (onde foi dobrada en catro idiomas)[3]. En Galicia a estrea da película non estivo exenta de polémica, xa que a Mesa pola Normalización Lingüística criticou o escaso número de salas de cine nos que a película se ofreceu en galego, unha das linguas, xunto con castelán, catalán e éuscaro, ás que foi dobrada.

  1. "El ratón Pérez: Cuidado, Patoruzito". CineFreaks.net (en castelán). 2006-07-13. Consultado o 2024-12-01.
  2. "El ratón Pérez". CinesArgentinos.com (en inglés). Consultado o 2024-12-01.
  3. "ELMUNDO.ES/METROPOLI - El cine español se anima en Navidad". www.elmundo.es. Consultado o 2024-12-01.