Década de 1830
Aparencia
(Redirección desde «Anos 1830»)
Segundo milenio | |||||
Século XIX | |||||
| |||||
|
1830
- Artigo principal: 1830.
- 29 de marzo - Fernando VII aproba a Pragmática Sanción que ratificaba a Pragmática de 1789 que restablecía o sistema de sucesión segundo o cal as mulleres podían reinar se non tiñan irmáns homes.
- 6 de abril - Fundación do mormonismo.
- En Francia, a Revolución de 1830 forza a abdicación do rei Carlos X.
- 9 de xullo - Proclamación en Francia da Monarquía de Xullo, accedendo ao trono Lois Filipe I como rei dos franceses.
- 25 de agosto - Inicio da Revolución Belga, que culmina coa independencia da Bélxica en relación ós Países Baixos.
- Guillerme IV sobe ao trono do Reino Unido, sucedendo ao seu irmán Xurxo IV.
- Francia invade Alxeria.
Arte e literatura
- Eugène Delacroix pinta A Liberdade guiando o pobo.
- 11 de marzo - Estrea no Gran Teatro La Fenice de Venecia da ópera I Capuleti e i Montecchi, de Vicenzo Bellini.
- 13 de novembro - Stendhal publica a súa novela Le Rouge et le Noir.
- 5 de decembro - Estrea no Conservatorio de París da Sinfonía fantástica de Hector Berlioz.
- 26 de decembro - Estrea no Teatro Carcano de Milán da ópera Anna Bolena, de Gaetano Donizetti.
1831
- Artigo principal: 1831.
- 4 de xaneiro, As tropas francesas ocupan a cidade de Orán e esténdense posteriormente por toda Alxeria.
Arte e cultura
- A Liberdade guiando o pobo, cadro de Eugène Delacroix.
1832
- Artigo principal: 1832.
- 11 de maio - Polo Tratado de Constantinopla, Grecia ten a súa independencia recoñecida polo Imperio Otomán.
1833
- Artigo principal: 1833.
- 3 de xaneiro - O Reino Unido gaña o control das Illas Malvinas.
- 4 de xaneiro - Fernando VII restablece a Pragmática Sanción e designa herdeira á súa filla Isabel en prexuízo do seu irmán Carlos.
- 30 de novembro - A raíña rexente de España María Cristina firma o decreto da división territorial de España en 1833, que provoca a disolución da Xunta do Reino de Galicia. Este decreto fora redactado polo Secretario de Estado de Fomento, Javier de Burgos. Presidía o Consello de Ministros Francisco Cea Bermúdez. Divídese así Galiza en catro provincias.
1834
- Artigo principal: 1834.
- 3 de xaneiro - O goberno de México encarcera a Stephen F. Austin na Cidade de México.
- 4 de xaneiro - Golpe de estado no Perú. A gornición de Lima proclama xefe supremo a Pedro Bermúdez, co que se inicia a guerra civil.
- 15 de xaneiro - Francisco Martínez de la Rosa nomeado Presidente do Consello de Ministros de España.
- 15 de febreiro - Créase a Policía Urbana de Madrid (España).
- 18 de febreiro - Batalla de Almoster
- 19 de febreiro - Autorízase a construción do primeiro ferrocarril alemán, que enlazaría as cidades de Nuremberg e Furth, distantes entre si 20 km.
- 22 de abril - España, Gran Bretaña, Francia e Portugal asinan a Cuádrupla Alianza.
- 16 de maio - Batalla de Aseiceira.
- 17 de maio - Carlos María Isidro de Borbón, pretendente carlista ao trono de España, regresa do seu exilio.
- 15 de xullo - Supresión da Inquisición en España por Real decreto.
- 24 de xullo - Fin das Guerras Liberais en Portugal: María II é recolocada no trono e Miguel I de Portugal é exilado.
- 1 de agosto - Abolición da escravitude no Imperio Británico.
- 27 de outubro - Acción de Alegría de Alava - Primeira Guerra Carlista.
- 28 de outubro - Acción da Venda de Etxabarri - Primeira Guerra Carlista.
- 12 de decembro - Batalla de Mendaza - Primeira Guerra Carlista.
- 15 de decembro - Batalla de Arquijas - Primeira Guerra Carlista.
- España - Estatuto Real.
- Louis Braille publica os detalles do seu sistema braille de lectura para cegos.
1835
- Artigo principal: 1835.
- 16 de xullo - Primeira guerra carlista: Batalla de Mendigorría, saldada con vitoria das forzas dos liberais.
1836
- Artigo principal: 1836.
- 16 de xaneiro-17 de xaneiro - Batalla de Arlabán - Primeira Guerra Carlista.
- 19 de febreiro - Mendizabal decreta a venda de todos os bens das extintas ordes relixiosas, dentro do proceso desamortizador.
- 23 de febreiro - Comenza a Batalla de El Álamo en San Antonio.
- 6 de marzo - Batalla de El Álamo. Texas declárase independente.
- 21 de abril - Batalla de San Jacinto.
- Motín da Granxa de San Ildefonso.
- Primeiro ferrocarril español na liña Güines-A Habana.
- Creación do Concello de Lavadores.
- 24 de decembro - Batalla de Luchana - Primeira Guerra Carlista.
1837
- Artigo principal: 1837.
- Primeira liña de ferrocarril en Cuba, colonia española, desde A Habana até o val de Güines, un dos importantes centros de produción zucreira da illa. A novidade tardaría en chegar máis dunha década á metrópole.
- Comézase a construción da liña ferroviaria entre México e Veracruz.
1838
- Artigo principal: 1838.
Arte e cultura
- Estrénase en París Ruy Blas, obra teatral escrita por Victor Hugo.
Ciencia
- Richard Laming fai a hipótese dunha partícula subatómica cargada electricamente.
1839
- Artigo principal: 1839.