Francisco Cea Bermúdez
Aparencia
Francisco de Paula de Cea Bermúdez y Buzo, nado en Málaga o 28 de outubro de 1779 e morto en París o 6 de xullo de 1850, foi un político andaluz, conde de Colombi.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras diversas tarefas como diplomático, colaborou con Fernando VII na súa pugna co infante Don Carlos tras promulgar a Pragmática Sanción que facilitaba o camiño ó trono á súa filla, a futura Isabel II. Nomeóuselle Presidente do Consello de Ministros o 1 de outubro de 1832 e foi confirmado ó chegar ó trono a raíña Isabel II. Cando a situación se fixo máis complexa, e a raíña pretendía incoporar aos sectores mais críticos coa política absolutista da soberana, Cea Bermudez foi deposto en 1834.
| Reinado de Fernando VII de España | ||
|---|---|---|
Segue a: Narciso Heredia Begines de los Ríos |
Francisco Cea Bermúdez | Precede a: Pedro Alcántara de Toledo |
| Presidente do Goberno de España | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Francisco Cea Bermúdez". geneall.net (en castelán). Consultado o 25 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Cea Bermúdez |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |