Real Decreto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Real decreto")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un Real Decreto, coñecido tamén polo acrónimo RD, no sistema xurídico español, é unha norma xurídica con rango de regulamento que emana do poder executivo (o Goberno) e en virtude das competencias prescritas na Constitución. Con todo, non hai que confundir o contido coa forma de aprobación: os actos que emanan do Consello de Ministros adquiren a forma de real decreto (que é, por tanto, a forma en que se reviste o acto), pero non todo real decreto é un regulamento (iso dependerá do contido).

En calquera caso, o real decreto sitúase na orde de prelación das normas xurídicas inmediatamente despois das normas con rango de Lei e antes da Orde Ministerial. A súa diferenza coa primeira é que emana do poder executivo e non do poder lexislativo. A súa diferenza coa segunda é que o real decreto precisa para a súa adopción da aprobación do Consello de Ministros exclusivamente, mentres que a Orde Ministerial pode establecerse por parte dun só ministro.

Tanto os reais decretos como as Ordes Ministeriais integran a potestade regulamentaria da Administración Pública. Os regulamentos, en virtude do principio de xerarquía normativa, non poden contradicir o disposto nas leis e a Constitución prohibe que regulen unha serie de materias que reserva á lei. Un Real Decreto é asinado polo Rei e referendado polo presidente do Goberno ou polos ministros competentes.