Pragmática sanción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portada da Pragmática Sanción de 1776.

Unha pragmática sanción é unha norma ou disposición legal de dereito público promulgada por un rei e que afecta a aspectos fundamentais do estado, na que se regulamentan cuestións como a sucesión ao trono ou outros. Adoitan seren identificadas polas datas na que se decretan.

No baixo imperio romano, era un edito ou lei emitida polo emperador sobre cuestións de dereito público referido a unha cidade, unha provincia ou unha igrexa. A denominación de pragmática explícase porque era publicada tras unha consulta e negociación sobre a cuestión ("pragma").[1]

Durante a Idade Media, foi un tipo de prerrogativa lexislativa empregada pola Coroa para crear leis que partían da súa vontade e que non foron sancionadas polas respectivas asembleas lexislativas[2] (Cortes, Estados Xerais etc).

Dereito catalán[editar | editar a fonte]

Na lei catalá, dende o século XIII (1283), cando as constitucións pasaron a ser un dereito pactado do rei coas Cortes, as disposicións e ordenanzas do soberano que non eran acto e de carácter xeral recibiron a denominación de pragmática para diferencialas daquelas outras de interese particular recibían o nome de privilexio ou ordenación particular. Eran revocables polo propio monarca, mais nunca podían contradicir os Usatges (usos) nin o dereito pactado das constitucións de Cataluña nin os costumes probados de tipo inmemorial. Nalgúns territorios da xurisdición dos baróns non foron obrigatorias e podían ser substituídas por ordenanzas destes.[3]

Exemplos[editar | editar a fonte]

Entre as sancións que gañaron máis notoriedade histórica existen:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sanción Pragmática". Iglesia Evangélica Pueblo Nuevo. Consultado o 18-09-2017. 
  2. "pragmàtica sanció". enciclopèdia.cat. Consultado o 17-09-2017. 
  3. "pragmàtica sanció". enciclopèdia.cat. Consultado o 17-09-2017. 
  4. Gutiérrez S.J., Constancio (1980). Trento: un concilio para la unión: (1550-1552). Vol. I Fuentes (1549-1551). Madrid: CSIC (Instituto "Enrique Flórez"). p. 447. ISBN 84-300-3766-7. 
  5. "Pragmàtica Sanció". enciclopèdia.cat. Consultado o 17-09-2017. 
  6. Vidal, Josep Juan; Martínez Ruiz, Enrique (2001). Política interior y exterior de los Borbones. Col. Fundamentos 188. Istmo. p. 228. ISBN 84-7090-410-8. 
  7. Español Bouche, Luis (1999). Nuevos y viejos problemas en la Sucesión de la Corona Española: pragmática. Madrid: Hidalguía. p. 129. ISBN 84-89851-13-1. 
  8. 8,0 8,1 "Pragmàtica Sanció". enciclopèdia.cat. Consultado o 17-09-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]