Saltar ao contido

Francisco Martínez de la Rosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Martínez de la Rosa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco de Paula Martínez de la Rosa Berdejo Gómez y Arroyo Editar o valor en Wikidata
10 de marzo de 1787 Editar o valor en Wikidata
Granada Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 1862 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de homes ilustres Editar o valor en Wikidata
Presidente do Congreso dos Deputados
2 de decembro de 1858 – 18 de febreiro de 1862
 Juan Bravo MurilloAlejandro Mon 
Presidente do Consello de Estado
14 de xullo de 1858 – 7 de febreiro de 1862 (morte)
 sen valor – Francisco Javier de Istúriz 
Académico da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas
26 de novembro de 1857 – 7 de febreiro de 1862
 sen valor – Joaquín Aguirre de la Peña 
Ministro de Estado de España
25 de outubro de 1857 – 14 de xaneiro de 1858
 Leopoldo Augusto de CuetoFrancisco Javier de Istúriz 
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
16 de maio de 1857 – 13 de maio de 1858
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid
Presidente do Congreso dos Deputados
1 de maio de 1857 – 16 de xullo de 1857
 Facundo InfanteJuan Bravo Murillo 
Académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando
1 de xaneiro de 1857 – 7 de febreiro de 1862
 sen valor – Francisco Jareño y Alarcón (pt) Traducir 
Presidente do Congreso dos Deputados
1 de decembro de 1852 – 10 de decembro de 1853
 Luis Mayans y Enríquez de NavarraEvaristo Fernández de San Miguel 
Presidente do Ateneo de Madrid
1852 – 1862
 Antonio Alcalá GalianoAntonio Alcalá Galiano 
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
20 de novembro de 1850 – 10 de decembro de 1853
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid
Embaixador de España na Santa Sé
5 de novembro de 1847 – 1851
 Joaquín Francisco Pacheco y Gutiérrez CalderónVicente González Arnao 
Académico da Real Academia da Historia
28 de maio de 1847 – 7 de febreiro de 1862
 sen valor – Emilio Lafuente y Alcántara (en) Traducir 
Embaixador de España en Francia
27 de febreiro de 1846 – 5 de abril de 1847
 Gaspar de. Marqués de Benalúa (I) Aguilera y ContrerasRamón María Narváez 
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
14 de outubro de 1844 – 4 de agosto de 1850
Circunscrición electoral: Provincia de Granada
Ministro de Estado de España
21 de agosto de 1844 – 12 de febreiro de 1846
 Ramón María NarváezManuel Pando Fernández de Pineda 
Embaixador de España en Francia
1 de marzo de 1843 – agosto de 1844
 Salustiano OlózagaGaspar de. Marqués de Benalúa (I) Aguilera y Contreras 
Director da Real Academia Española
21 de novembro de 1839 – 7 de febreiro de 1862
 José Gabriel de Silva-Bazán y WaldsteinDuque de Rivas 
Presidente do Ateneo de Madrid
1838 – 1841
 Salustiano OlózagaMauricio Álvarez de las Asturias Bohorques y Chacón 
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
20 de xullo de 1834 – 1 de xuño de 1839
Circunscrición electoral: Provincia de Granada
Presidente do Consello de Ministros
15 de xaneiro de 1834 – 7 de xuño de 1835
 Francisco Cea BermúdezJosé María Queipo de Llano 
Secretario de Estado de España
28 de febreiro de 1822 – 5 de agosto de 1822
 José Gabriel de Silva-Bazán y WaldsteinEvaristo Fernández de San Miguel 
Presidente do Congreso dos Deputados
18 de outubro de 1821 – 27 de novembro de 1821
 Pedro González VallejoDiego Clemencín 
Membro da Real Academia Española
4 de xaneiro de 1821 – 7 de febreiro de 1862
 Manuel de Lardizábal y UribeLuis González Brabo y López de Arjona 
Deputado no Congreso dos Deputados
1 de xullo de 1820 – 14 de febreiro de 1822
Circunscrición electoral: Reino de Granada
Deputado nas Cortes de Cádiz
20 de setembro de 1813 – 10 de maio de 1814
Circunscrición electoral: Reino de Granada
Embaixador de España no Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
maio de 1808 – 1 de xuño de 1808
 José Julián de Anduaga y GarimbertiFrancisco Serralde  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía española, Spanish drama (en) Traducir, política e diplomacia Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, diplomático, dramaturgo, poeta, político, profesor universitario, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Moderado Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia e poesía Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мартинес де ла Роса Франсиско)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 149746 BNE: XX1005642 Find a Grave: 11141834 Arquivo Histórico de Deputados: 69010 Editar o valor en Wikidata

Francisco de Paula Martínez de la Rosa Berdejo Gómez del Arroyo, nado en Granada o 10 de marzo de 1787 e finado en Madrid o 7 de febreiro de 1862, foi un poeta, dramaturgo e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia de posición social acomodada, entrou na escola onde se demostrou que era superdotado, feito que lle facilitou a súa entrada na Universidade de Granada cando soamente tiña 12 anos. Na universidade licenciouse e doutorouse en Dereito civil (1804), e en 1805 comezou como catedrático de Filosofía Moral en Granada, dende moi novo comeza a escribir poesía.

Iniciada a Guerra da Independencia Española, fundou o Diario de Granada e encargouse da misión diplomática en Xibraltar e Londres; nesta época xa formaba parte do Partido Liberal e foi deputado nas Cortes de Cádiz e vogal da Comisión da liberdade de imprenta, cousa que compaxinaba coa escrita da comedia Lo que puede un empleo, 1812, e a traxedia La viuda de Padilla, 1814. Publicou tamén o tratado político La revolución actual de España, 1813, e anteriormente El español, 1810.

Segundo a xente que o trataba, era algo efeminado, o que lle valeu o alcume de Barón del bello rosal. A restauración absolutista de 1814 fixo que fora detido en Madrid o 1 de maio e logo ser desterrado ao Peñón da Gomera. Ao triunfar Rafael del Riego en 1820 foi liberado durante o Trienio liberal onde se mostrou como un liberal moderado, polo que foi denominado pastelero e Rosita pastelera polo semanario El Zurriago.

Deputado nas Cortes pola provincia de Granada entre 1820 e 1822, ingresou na Sociedad del Anillo, sociedade partidaria dunha transacción coa Coroa e de revisar a Constitución Española de 1812 reforzando o poder monárquico. Secretario da Deputación Permanente en Cortes en 1822, é insultado polo pobo o 4 de febreiro de 1822.

Secretario de Estado o 28 de febreiro até o 5 de agosto de 1822, dimitiu tras o fracaso dos sucesos involucionistas do sete de xullo e a conseguinte acentuación da revolución. Nomeado Académico da Real Academia de la Lengua Española e Conselleiro de Estado en 1823. Coa invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís emigrou a París. Realizou viaxes por Italia. En París publicou Obras literarias (1827 - 1830), Edipo (1829), Morayma (1829), Abén Humeya (1830) e La Conjuración de Venecia (1830).

A finais do ano 1831 regresa a Madrid acolléndose a amnistia decretada por Fernando VII aos afrancesados, logo marchou a vivir a Granada. En 1833 publica Los celos infundadoso el marido en la chimenea. Xa en Madrid, publica Hernán Pérez del pulgar, el de las hazañas, (1834).

Coa rexencia de María Cristina de Borbón, buscou o apoio do Partido Liberal para defender os dereitos dinásticos durante a minoría de idade da raíña Isabel II, foi nomeado Presidente do Consello de Ministros, e Ministro de Estado do 15 de xaneiro de 1834 até o 7 de xuño de 1835.[1] Neste cargo naceu o Estatuto Real de 1834. A comezos do 1835 fixo maniobras para desfacerse do seu ministro da guerra Llauder. En 1835, 1836 e 1836 publica o seu ensaio histórico Espíritu del siglo. Procurador por Granada, deuputado electo por Granada, Segovia e Oviedo dende 1861 até 1862.

Publicou a novela titulada Doña Isabel de Solís, (1837); Libro de los niños, (1839); La boda y el duelo, (1839). Dende 1839 até 1843 estivo exiliado en París, até que Baldomero Espartero chegou á rexencia. Ministro de Estado de 1844 a 1846 nos gobernos de Narváez. Nestes gobernos impulsou o programa ministerial faborable a reformar o modelo constitucional progresista de 1837, e formou parte do proceso que levaría a cabo a promulgación da Constitución de 1845. No período 1848-1849 foi embaixador en París e Roma. Foi Presidente do Congreso dos Deputados nas tres últimas lexislaturas da Década Moderada. Volveu ser Ministro de Estado entre 1857 e 1858, logo sería elixido Presidente do Consello de Estado. Desta época son os libros Bosquejo histórico de la política de España en tiempos de la dinastía austríaca, La moralidad como norma de las acciones humanas, La hija en casa y la madre en las máscaras (póstuma).

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Francisco Cea Bermúdez
Francisco Martínez de la Rosa
Precede a:
José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia
Presidente do Goberno de España

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]