Boletus
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde xaneiro de 2018.) |
Boletos (xénero Boletus) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Boletus edulis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Diversidade | |||||||||||||
máis de 100 especies (véxase no texto) |
Os boletos[1] ou andoas[2] son cogomelos do xénero Boletus , que inclúe máis de 100 especies. Este xénero foi definido e descrito orixinalmente por Elias Magnus Fries en 1821, agrupando a todos os fungos que presentan himenio con poros. Posteriormente foron definíndose outros xéneros cuxas especies incluían esta característica, como Tylopilus, descrito por Petter Adolf Karsten en 1881. Así mesmo, readoptáronse ou redefiníronse xéneros xa en desuso, coma Leccinum. Moitas veces o termo boleto emprégase para dar nome a todos os cogomelos comestíbeis da división Basidiomycota[3] e Ascomycota. Mentres os cogomelos velenosos son coñecidos coma pans de becha ou cacaforras.
Algunhas das especies que outrora se clasificaban neste taxon foron posteriormente situadas noutros xéneros, como ocorre coas especies Leccinum scabrum, Tylopilus felleus, Chalciporus piperatus ou Suillus luteus (Andoa anelada).
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O nome do xénero deriva do latín bōlētus, "cogomelo", e do grego antigo βωλιτης,[4] que provén á súa vez de bōlos/βωλος, "vulto" "morea" ou "fato".[5] Galeno de Pérgamo (130-200) mencionaba nos seus escritos aos βωλιτης, aínda que se pensa que facía referencia á apreciada raíña (Amanita caesarea), que non está ligada co xénero Boletus.[6]
O nome galego andoa é de orixe escura, mais pode vir do éuscaro onddo (boleto).
Comestibilidade[editar | editar a fonte]

Moitas especies do xénero Boletus son comestíbeis e apreciados en gastronomía, sendo a máis coñecida Boletus edulis. Tamén son apañados para o consumo os cogomelos de andoa escura (B. badius), B. aereus e outras especies. Outras, coma B. calopus, teñen sabor amargo ou desagradábel e non se consideran fungos comestíbeis.
Algunhas guías de fungos recomendan evitar todos os Boletus que presentan poros avermellados, porén, B. erythropus e B. luridus son comestíbeis logo de seren convenientemente cociñados.
A inxesta de cogomelos velenosos a miúdo produce síntomas gastrointestinais. No xénero Boletus illouse unha glicoproteína citotóxica chamada bolesatina. En 2007, atopouse un compoñente semellante —chamado, en inglés, bolevenine—, na especie velenosa Boletus venenatus, da China.[7] Téñense documentado mortes por inxesta de Boletus pulcherrimus. En 1994, unha parella desenvolveu síntomas gastrointestinais despois de comer cogomelos desta especie, faleciendo o home. A autopsia revelou infarto intestinal.[8] O boleto de Satanás (Boletus satanas) tamén ten má fama coma fungo velenoso, aínda que non se coñecen casos de morte por mor do seu consumo. Illouse tamén muscarina nalgunhas especies, aínda que a súa cantidade é farmacoloxicamente insignificante e só causa síntomas menores.
Especies[editar | editar a fonte]
Algunhas especies en Galiza[editar | editar a fonte]
- Boletus aerus, andoa moura[9].
- Boletus badius, andoa escura[9].
- Boletus bovinus, andoa miúda[10].
- Boletus edulis, madeirudo, boleto bo[9].
- Boletus floccopus, andoa peluda (tamén coma Strombilomyces floccopus)[10]
- Boletus luteus, andoa anelada, andoa amarela[9].
- Boletus pinicola, andoa dos piñeiros[9].
- Boletus satanas, boleto de Satanás[10] tóxica.
Listaxe máis completa e comestibilidade[editar | editar a fonte]
A listaxe a seguir recolle algunhas das especies de andoas (Boletus), cunha guía tentativa de toxicidade e apetibilidade.
Moi recomendado
Recomendado
Desagradábel, incomíbel
Descoñecido, abterse
Psicoactivo, perigoso
Tóxico
Boletus abieticola
Boletus aereus - Andoa moura, andoa común
Boletus affinus
Boletus albidus (véxase B. radicans)
Boletus amygdalinus
Boletus appendiculatus
Boletus auriflammeus
Boletus auriporus
Boletus badius - andoa escura
Boletus barrowsii
Boletus betula
Boletus bicolor - Andoa de dúas cores (América do Norte)
Boletus caespitosus
Boletus calopus
Boletus campestris
Boletus chromapes - hoxe en día coñecido coma Tylopilus chromapes
Boletus chrysenteron
Boletus citrinoporus
Boletus coccyginus
Boletus coniferarum
Boletus curtisii
Boletus dryophilus
Boletus edulis - Madeirudo, boleto bo
Boletus erythropus resulta comestíbel despois de cociñalo, mais se semella moito a outras especies velenosas, polo que a súa colla non é recomendábel para persoas con pouca experiencia no tema
Boletus fagicola
Boletus fechtneri - Boleto pálido
Boletus fragrans
Boletus griseus
Boletus impolitus
Boletus legaliae
Boletus luridus
Boletus manicus
Boletus parasiticus
Boletus pinophilus (ou Boletus pinicola) - andoa dos piñeiros
Boletus pulcherrimus (prev B. eastwoodiae)
Boletus purpureus
Boletus queletii
Boletus radicans
Boletus regius
Boletus reticulatus (prev B. aestivalis) -
Boletus rhodopurpureus
Boletus rhodoxanthus
Boletus satanas - Boleto de Satanás
Boletus satanoides (véxase B. legaliae)
Boletus sensibilis
Boletus splendidus (véxase B. legaliae)
Boletus subtomentosus
Boletus subvelutipes
Boletus venenatus (Xapón)
Boletus zelleri
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boleto.
- ↑ Fonte: VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela/ Deputación de Lugo
- ↑ "Micorrizas - um bom negócio entre plantas e fungos". Naturlink (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 18 de Abril de 2012.
- ↑ Simpson, D.P. (1979). Cassell's Latin Dictionary (5 ed.). Londres: Cassell Ltd. p. 883. ISBN 0-304-52257-0.
- ↑ Liddell, Henry George & Robert Scott (1980). A Greek-English Lexicon (Ed. Abridged). RU: Oxford University Press. ISBN 0-19-910207-4.
- ↑ Ramsbottom J (1953). Mushrooms & Toadstools. Collins. p. 6. ISBN 1-870630-09-2.
- ↑ Matsuura; et al. (marzo de 2007). "Bolevenine, a toxic protein from the Japanese toadstool Boletus venenatus". Phytochemistry (en inglés) 68 (6): 893–898. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2013.
- ↑ Benjamin (1995). "Red-pored boletes". Mushrooms: poisons and panaceas. A handbook for naturalists, mycologists and physicians (en inglés). Nova York: WH Freeman & Company. pp. 359–360.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ 10,0 10,1 10,2 VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boletus |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Boletus |