Index Fungorum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Index Fungorum, é un proxecto internacional para indexar tódolos nomes formais (nomes científicos) do Reino Fungi. É comparable ó IPNI, pero con máis institucións contribuíntes.

Outra diferenza é que o IPNI non indica os nomes correctos, en cambio o Index Fungorum achega información do estado dun nome. No retorno da páxina de procura aparece indicado o nome correcto en verde, mentres que outros o fan en azul (os usos aberrantes de nomes indícanse en vermello). Tódolos nomes están enlazados a páxinas dando o nome correcto, con listas de sinónimos micolóxicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]