Madeirudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madeirudo
Boletus edulis EtgHollande 041031 091.jpg
Clasificación científica
Reino: Fungos
División: Basidiomycota
Clase: Basidiomycetes
Orde: Agaricomycetes
Familia: Boletaceae
Xénero: Boletus
Nome científico
Boletus edulis
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O madeirudo ou boleto bo[1] (Boletus edulis) é o nome en dun cogomelo comestible, pertencente ao xénero das andoas ou boletos (Boletus). Pode atoparse moi frecuentemente en bosques de piñeiros. É un cogomelo que pode alcanzar dimensións notables; polo xeral o chapeu pode medir de 7 a 20 cm de diámetro e o pé adquirir a mesma altura. Adoita confundirse con Tylopilus felleus ou coa andoa escura (Boletus badius).

Altamente apreciado, a andoa é comercializada fresca no outono, no centro e sur de Europa, pero tamén se comercializa seco por todo o mundo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Do latín edulis, «comestible», aínda que derivado do grego.

O nome vulgar galego madeirudo pode que veña polo aspecto robusto do pé (coma madeira).

Determinación e características[editar | editar a fonte]

A forma deste cogomelo é moi característica, quizais similar á dun tapón de cava. Unha das características máis rechamantes deste cogomelo á hora de determinala é a cor entre marrón e negro do seu chapeu; posúe unha coloración inicialmente branca, que adquire pouco a pouco un aspecto máis escuro, case entre o marrón-negro. O himenio está unido ó pé; é desde o chapeu de cor branca.

O madeirudo na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

  • Por madeirudos no souto, non corras atrás doutro. Os Madeirudos (en xeral Boletus de carne branca, que non viran de cor) son moi doados de recoñecer e non hai risco de lamentábeis confusións. Pode darse o caso de encotrar un madeirudo fel (Tylopilus felleus) amargo como o fel polo sabor amargo da carne, que é insoportábel aínda cun pequeno anaco.
  • Polo souto amodiño ollear, se madeirudos queres atopar
  • Setembro mollado, cogordo no castaño
  • Cogordo do carballiño, canto mais zoncho mais fino
  • Fungo repoludo, ou cogordo ou madeido[2].

Usos Gastronómicos[editar | editar a fonte]

Cesto de andoas.

Este cogomelo é unha das máis apreciadas polo seu sabor e textura. O nome latino do cogomelo indica esta característica: en latín edulis significa "comestible". Adoita empregarse tanto cociñada como en conservas (en vinagre ou aceite). A carne deste cogomelo é branca (tirando cara a marrón) e compacta, tanto no chapeu como no pé, aínda que os exemplares máis vellos adoitan mostrar unha carne máis branda. Non adoita despedir cheiros particulares e ten un sabor ben definido: doce como o das abelás.

Posibles confusións[editar | editar a fonte]

Pódese confundir co Boletus reticulatus, pero este non ten a marxe esbrancuxada, a súa cor é uniforme, e a cutícula mate, seca e finamente reticulada. Tamén é un excelente comestible.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. No segundo lugar no Setestrelo do Portal das Palabras referido a fungos: [1]
  2. Ditos_e_refr%E1ns_dos_cogomelos_Cogordo_do_carballi%F1o... Na web de Galicia Encantada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madeirudo