Andoa dos piñeiros
Aparencia
(Redirección desde «Boletus pinophilus»)
Andoa dos piñeiros | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Boletus pinophilus' Pilát & Dermek, 1973 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A andoa dos piñeiros[2] (Boletus pinophilus Pilat & Dermek), é un boleto basidiomiceto da orde Boletales. Aparece nalgúns locais de Galiza.
Descrición
[editar | editar a fonte]O cogomelo deste fungo posúe un chapeu de entre 6 e 30 centímetros de diámetro, con cutícula de cor marrón avermellada. Tubos case ceibos, de cor branca, despois amarelos e finalmente amarelos oliva. Pé de cor marrón clara, moi groso, que pode superar o diámetro do chapeu.
Hábitat e época
[editar | editar a fonte]Aparece na primavera e no verán con choivas, e principalmente polo outono. Adoitan medrar so piñeirais vellos de piñeiros rubios (Pinus sylvestris), aínda que tamén poden facelo en faiais.
Comestibilidade
[editar | editar a fonte]Excelente coma comestíbel, sendo un cogomelo moi apreciado en gastronomía.
- Ollo!!: A determinación dun cogomelo e a súa comestibilidade poden ser realizadas e certificadas por micólogos expertos, ou os centros de control das autoridades sanitarias competentes. A información errónea ou incompleta pode causar danos por envelenamento ou intoxicación mortal. Cómpre evitar o consumo de cogomelos apañados no monte, xa que podería pór en risco a saúde de vostede e dos seus convidados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Boletus pinophilus". Index Fungorum (en inglés). CAB International, CBS e Landcare Research New Zealand Limited.
- ↑ Nome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Boletus (xénero)
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Asociación Micológica Zamorana, 2005: Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y los Valles. Ed. ADISAC LA VOZ.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Asociación Micolóxica El Royo. https://web.archive.org/web/20130928080812/http://www.amanitacesarea.com/boletus-pinicola.html
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Andoa dos piñeiros |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Andoa dos piñeiros |