Saltar ao contido

Agaricales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agaricales
Agaricales
Lucien Marcus Underwood 1899 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
ReinoFungi
SubreinoDikarya
FiloBasidiomycota
SubfiloAgaricomycotina
ClaseAgaricomycetes
SubclaseAgaricomycetidae
OrdeAgaricales
Códigos e identificadores
Freebase/m/01rwp0 Editar o valor en Wikidata
MeSHD000363 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779107324 Editar o valor en Wikidata
ITIS194402 Editar o valor en Wikidata
OTT8364 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Agaricales é unha orde de fungos da clase Agaricomycetes que inclúe algúns dos cogomelos máis coñecidos. Noutrora estaba incluída na clase Homobasidiomicetes,[1] hoxe en desuso.[2] A orde ten 33 familias, 413 xéneros, e arredor de 13000 especies descritas.[2] Inclúe multitude de cogomelos coñecidos, dende o ubicuo champiñón común ou Agaricus bisporus, á mortal cacaforra Amanita virosa, así coma fungos alucinóxenos e velenosos coma o rebentabois (Amanita muscaria) ou especies bioluminiscentes coma o Omphalotus olearius.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Algúns fungos con corpos frutíferos en forma de cogomelo con chapeu, coma Cantharellus, foron clasificados tradicionalmente en distinto grupo que o resto de Agaricales. Grazas aos estudos moleculares, estase a albiscar que hai máis grupos diverxentes do que se pensou nun principio, coma os xéneros Russula e mais Lactarius, aos que se teñen situado nunha orde distinta, Russulales, e outros fungos de lamelas, que inclúen especies coma Paxillus involutus e mais Hygrophoropsis aurantiaca, que amosan unha maior afinidade con Boletus, e aos que se teñen situado na orde Boletales.

Por outra banda, a algúns fungos de morfoloxía bastante diferente, como os Lycoperdon e algúns fungos clavaroides, coma o xénero Typhula e maila especie Fistulina hepatica, foron recentemente clasificados dentro da orde Agaricales.

O termo agárico ten sido tradicionalmente referido á orde Agaricales, aos que se definiron exactamente coma os fungos con lamelas. Tralos descubrimentos descritos enriba, eses dous termos non poden considerarse sinónimos (malia haber moitos solapamentos entre eles).

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A orde Agaricales é ubicua, sendo atopada en todos os continentes. Aínda que todos son terrestres, os seus hábitats inclúen todo tipo de pantanos, lameiros e pasteiros, variando grandemente dunha especie a outra.

Características

[editar | editar a fonte]

Os basidiocarpos das especies desta orde son tipicamente carnosos, cun estipe ou pé, un píleo (ou chapeu) e lamelas, onde os basidios se almacenan. Esta é a estrutura tipo do que se coñece como cogomelo.

Ciclo de vida

[editar | editar a fonte]

O ciclo de vida das especies da orde Agaricales é moi representativo de Basidiomycota. É frecuente neste taxon atopar especies que presentan hifas septadas, con fíbulas, ou conexións en abrazadeira (clamp connections), e células dicariotas.[3][4][5]

As basidiosporas sempre son expulsadas dos basidios entre os bordos da lamela, para posteriormente caer no chan ou ser transportadas polo vento.

  1. Hibbett, D.S.; Thorn, R.G. (2001). McLaughlin, D.J.; et al., eds. The Mycota. VII Parte B. "Systematics and Evolution". Berlin: Springer-Verlag. pp. 121–168.
  2. 1 2 Kirk, P.M.; Cannon, P.F.; Minter, D.W.; Stalpers J.A. (2008). Dictionary of the Fungi (10ª ed.). Wallingford: CABI. pp. 12-13. ISBN 0-85199-826-7.
  3. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de outubro de 2010. Consultado o 07 de outubro de 2013.
  4. http://www.ual.es/GruposInv/myco-ual/basidis.htm
  5. http://www.cienciaybiologia.com/botanica/criptogamas/basidiomycotiina.htm

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]