Bóla de neve
Este artigo trata sobre un fungo, para o arbusto "Viburnum opulus" véxase o artigo: Flor do mundo.
| Bóla de neve | |
|---|---|
| Agaricus arvensis Jacob Christian Schäffer 1774 | |
|
Instancia de
| |
|
Categoría taxonómica
| |
|
Sinónimo taxonómico
Agaricus leucotrichus
Agaricus arvensis var. umbrelloideus Agaricus arvensis var. palustris Psalliota fissurata Psalliota leucotricha Psalliota campestris var. arvensis Agaricus arvensis var. iodiformis Agaricus arvensis var. abruptus Agaricus arvensis var. fragrans Agaricus fissuratus Agaricus arvensis var. subarvensis Psalliota arvensis | |
|
Taxon superior
| |
|
Nome curto
| |
| Conservación | |
|
Identificador UICN
| |
| Clasificación taxonómica | |
| Reino | Fungi |
| División | Basidiomycota |
| Clase | Agaricomycetes |
| Subclase | Homobasidiomycetidae |
| Orde | Agaricales |
| Familia | Agaricaceae |
| Xénero | Agaricus |
| Especie | A. arvensis |
| Identificadores | |
| OTT | 1010492 |
| Wikidata G:Commons C:Commons | |
A bóla de neve[1] Agaricus arvensis, é unha especie de fungo comestíbel, basidiomicetos da familia Agaricaceae.
Características
[editar | editar a fonte]Foi descrito por Jacob Christian Schaeffer en 1762. A forma do chapeu (Píleo) é convexa, a superficie é seca e a súa cor é branca, tornándose en amarelento coa madureza, a carne é branca cun cheiro doce que lembra ao das améndoas. Miden até 20 centímetros de diámetro, o pé é de cor abrancazada, cun anel, e pode medir até 4,5 centímetros de longo e 3,5 centímetros de espesor.
Comestibilidade
[editar | editar a fonte]É comestíbel e está considerado un dos cogomelos máis ricos polo seu sabor. Atópanse en feixes preto das corte e entre os pastos e en campos de xogo, en Galiza e Gran Bretaña, medran polo outono preto do inverno.
- Ollo!: A determinación dun fungo e a súa comestibilidade poden ser realizadas e certificadas por micólogos expertos, ou polos centros de control das autoridades sanitarias competentes. A información errónea ou incompleta pode causar danos por envelenamento ou intoxicación mortal. Non consuma cogomelos apañados no monte sen o consello dun experto, xa que podería pór en risco a saúde e incluso a vida a vostede e aos seus convidados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar en galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Agaricus (xénero)
- Bóla de neve dos bosques (Agaricus silvicola)
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Roger Phillips (2006). Mushrooms. Pan MacMillan. ISBN 0-330-44237-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bóla de neve |
- http://mushroom-collecting.com/mushroomhorse.html Agaricus arvensis en inglés)
- http://www.mushroomexpert.com/agaricus_arvensis.html (en inglés)
